Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno Extraordinario | 13 de maio
Pleno Extraordinario | 13 de maio PDF Imprimir Correo-e
Luns, 13 Maio 2024 19:40

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta tarde unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:

 

1. Aprobación da acta da sesión anterior.

2. Expediente 3512/2020. Solicitude de modificación das características da concesión do aproveitamento de augas superficiais na CHD.

3.  Expediente 2186/2024. Modificación de créditos.

4. Expediente 2051/2024. Modificación de créditos.


Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria, o presidente, Gerardo Seoane, someteu votación a modificación das características da concesión do aproveitamento de augas superficiais na Confederación Hidrográfica do Douro derivadas do río Támega no Concello de Verín para incluír no mesmo o abastecemento para a localidade de Vilamaior (Verín). Este punto foi ratificado por unanimidade.

Por outra banda, o pleno tamén aprobou, por 11 votos a favor  (6 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, unha modificación de créditos correspondente aos gastos derivados da renovación necesaria na frota de vehículos do Servizo de Parques e Xardíns, por un importe de 30.000 euros.

Na sesión plenaria, tamén se aprobou outra modificación de créditos con 11 votos a favor (6 do PSdeG-PSOE e 5 do BNG) e 4 en contra do Partido Popular. Este reaxuste é necesario para cubrir gastos urxentes que non se poden atrasar ata o próximo ano fiscal. É importante sinalar que máis do 80 por cento desta variación orzamentaria está financiada con convenios xa asinados coa Comunidade Autónoma e transferencias da Deputación Provincial de Ourense, mentres que o restante é cuberto con baixas en outras partidas do orzamento.

O expediente adopta a modalidade de créditos extraordinarios e detállanse a continuación:

DETALLE DE PARTIDAS DE NOVA CREACIÓN (ESTADO DE GASTOS):

  • ASFALTADO ACCESO POL. PAZOS DESDE N-532, FASE 3: 48.000 euros.
  • INSTALACIÓN DE PANEIS SOLARES EN 8 EDIFICIOS DO CONCELLO: 118.789 euros.
  • URBANIZACIÓN DA ESTRADA DO POLÍGONO ROTONDA N-532/ PONTE DO POLÍGONO: 85.635,41 euros.
  • CONSTRUCCIÓN DE PASARELA SOBRE O RÍO TÁMEGA: 39.000 euros.
  • MELLORA DE CAMIÑOS 23/24 DO PLAN LEADER. AGADER: 20.824,40 euros.
  • ASFALTADO DA ESTRADA DE VENCES: 120.000 euros.
  • REHABILITACIÓN DO QUIOSCO DE FONTENOVA: 250.000 euros.
  • REHABILITACIÓN DO EDIFICIO RECAREDO: 250.000 euros.

TOTAL: 932.249,10 euros

FINANCIAMENTO:

Esta modificación de crédito finánciase con transferencias de capital en cumprimento de convenios subscritos coa Comunidade Autónoma e con transferencias de Deputacións. A continuación, detállase o financiamento por cada partida:

DETALLE DE PARTIDAS DE NOVA CREACIÓN (ESTADO DE INGRESOS):

  • ASFALTADO ACCESO POL. PAZOS DESDE N-532, FASE 3: financiado pola Deputación Provincial de Ourense con 48.000 euros.
  • INSTALACIÓN DE PANEIS SOLARES EN 8 EDIFICIOS DO CONCELLO: financiado polo INEGA con 53.720 euros.
  • URBANIZACIÓN DA ESTRADA DO POLÍGONO ROTONDA N-532/PUENTE DO POLÍGONO: financiado polo Plan COOPOU da Deputación Provincial de Ourense con 85.635,41 euros.
  • CONSTRUCCIÓN DE PASARELA SOBRE O RÍO TÁMEGA: financiado polo Plan COOPOU con 39.000 euros.
  • MELLORA DE CAMIÑOS 23/24 financiado polo PLAN LEADER. AGADER da Xunta de Galicia: 10.412 euros.
  • ASFALTADO DA ESTRADA DE VENCES: financiado pola Deputación Provincial de Ourense con 70.000 euros.
  • REHABILITACIÓN DO QUIOSCO DE FONTENOVA: financiado polo Fondo de Cooperación da Xunta de Galicia con 250.000 euros.
  • REHABILITACIÓN DO EDIFICIO RECAREDO: financiado polo Fondo de Cooperación da Xunta de Galicia con 250.000 euros.

TOTAL: 806.767,61 euros

Ao finalizar este pleno, a sala acolleu outra sesión extraordinaria na que se realizou o correspondente sorteo dos membros das mesas electorais das eleccións ao Parlamento Europeo 2024.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>