Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Conferencia sobre Mindfulness con el Dr. Giuseppe Altamore Caruso
Conferencia sobre Mindfulness con el Dr. Giuseppe Altamore Caruso PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Maio 2024 10:05

O próximo xoves 23 de maio, ás 19:30 horas, terá lugar unha conferencia sobre Mindfulness no Salón de Actos, impartida polo Dr. Giuseppe Altamore Caruso, licenciado en Medicina e Cirurxía, con numerosos cursos sobre Mindfulness e redución do estrés pola Universidade Autónoma de Madrid. A mesma está organizada pola Biblioteca Municipal de Verín


O Mindfulness é unha das técnicas máis avanzadas para a xestión do estrés. Esta conferencia ten como obxectivo introducir aos participantes nesta disciplina, nos seus beneficios e no compromiso que deben asumir, realizando unha práctica formal sinxela.

Durante a conferencia, presentarase o programa completo dun curso de catro semanas, que inclúe sesións os luns e xoves (de 20:30 a 22:00 horas), do 3 ao 27 de xuño. Este programa comeza coa atención consciente á respiración, seguida de desenvolvemento teórico e práctica meditativa en silencio, nunha postura corporal establecida e con movementos sinxelos como camiñar, para aumentar a conciencia corporal e recoñecer que as sensacións físicas preceden aos pensamentos e outras actividades cerebrais xeradoras de estrés.

O curso é gratuíto, con aforo limitado, previa inscrición ao final da conferencia do 23 de maio.

Giuseppe Altamore Caruso, nacido en Catania, Italia, en 1949, é licenciado en Medicina e Cirurxía, especialista en Cirurxía Xeral e Dixestiva. Completou numerosos cursos e programas de redución de estrés baseados en Mindfulness na Universidade Autónoma de Madrid (UAM) desde 2017. Ademais, é diplomado en Mindfulness pola Universidade de Brown (EEUU), con formación recibida na UAM en maio de 2021.

Programa do Curso:

  • Duración: 4 semanas
  • Datas: Do 3 ao 27 de xuño
  • Horario: Luns e xoves de 20:30 a 22:00 horas
 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>