Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O verinés Óscar Conde emprende unha aventura en moto de 17.000 km: de Santiago a Katmandú
O verinés Óscar Conde emprende unha aventura en moto de 17.000 km: de Santiago a Katmandú PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Maio 2024 12:47

O vindeiro sábado 25 de maio, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acollerá a presentación da viaxe en moto que realizará o verinés Oscar Conde dende Santiago de Compostela (pasando por Verín) a Katmandú. Esta emocionante aventura comezará o próximo mes de setembro e prolongarase ata novembro de 2024, percorrendo máis de 17.000 km.

O libro de ruta levará a Oscar a cruzar países por Europa e Asia, incluíndo Italia, Croacia, Montenegro, Albania, Macedonia, Grecia, Irán, Paquistán, India e Nepal, ao longo de seis semanas de viaxe.

Durante a presentación, proxectarase tamén o documental sobre a viaxe á estrada máis alta do mundo, KHARDUNG LA PASS en India, situada a 5.600 metros de altura, realizada no ano 2019.

Ao finalizar a presentación, e da man dos invitados Miguel Ángel Prieto ("Frai Chitín") e Carlos Damorín, presentarase a gala solidaria “Gala Entroideira por Nepal”, que terá lugar no Auditorio Municipal o día 29 de xuño. Neste evento proxectarase a película "Frai Chitín e o Triángulo Máxico", entre outras moitas sorpresas.

A recadación íntegra da gala será doada á ONG española "Abrazando Nepal" (https://huggingnepal.org/), fundada por voluntarios no ano 2015 despois do terremoto de 7,9 graos que devastou o país. Na actualidade, a súa actividade principal é proporcionar comidas diariamente a persoas sen recursos en Katmandú. A ONG está formada integramente por voluntarios.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>