Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín e a AECC de Ourense asinan o convenio de cesión da nova sede local da asociación en Verín
O Concello de Verín e a AECC de Ourense asinan o convenio de cesión da nova sede local da asociación en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Maio 2024 17:38

O Concello de Verín e a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense realizaron a firma do convenio de cesión dunha nova sede local da asociación en Verín, cuxo espazo está situado na rúa Rosalía de Castro, 4 (edificio antigo lavadoiro).

Un espazo que pretende crear comunidade na vila para acompañar a pacientes con cancro e as súas familias durante o proceso da enfermidade. Está deseñado para dar resposta a todas as necesidades das persoas afectadas desde os programas e servizos da organización.

A firma do convenio estivo representada polo presidente da sede provincial da asociación en Ourense, Germán Rodríguez-Saá, e a concelleira responsable da área de benestar social no Concello de Verín, Rosario Rodríguez. Tamén presenciaron o acto varias voluntarias, voluntarios, medios de comunicación, etc.

O presidente Germán destacou: “Para nós, ter un concello como Verín con tan boa disposición é de agradecer por cedernos un espazo como este para continuar crecendo. É a nova maneira de responder a quen o necesita, cubrindo as súas novas necesidades e poñendo á súa disposición os avances para que ningunha persoa poida sentirse soa ou desatendida.

A concelleira Rosario Rodríguez engadiu: "Para o Concello de Verín, a presenza e colaboración da AECC supón unha fonte fundamental de apoio psicolóxico, social e orientación médica, entre outros servizos e programas. Estamos profundamente agradecidos por poder continuar esta colaboración e valoramos enormemente o compromiso e dedicación do voluntariado e do equipo profesional da asociación."


O presidente Germán Rodríguez-Saá presentou os resultados anuais da sede provincial da asociación en Ourense durante o ano 2023

Posteriormente a firma do convenio de cesión, o presidente da asociación en Ourense, Germán Rodríguez-Saá, presentou o balance anual da sede provincial durante o ano 2023.

Cabe destacar os datos máis significativos dos resultados anuais: En atención psicolóxica, supuxo un incremento de beneficiarios totais de 249 a 292. Houbo 1.329 sesións con beneficiario.

Dentro da atención social, os beneficiarios totais aumentaron a 412, onde a media de sesións sitúase en 2/3 por beneficiario. Realizáronse 73 préstamos de material no último ano e 65 perrucas. Destacan talleres de mobilidade articular, pilates, ioga, economía doméstica, orientacións xurídicas, higia confort, saúde bucodental, etc.

En información e prevención destácase a realización de charlas informativas sobre programas e servizos en diferentes puntos da provincia, charlas para familiares en duelo, e as iniciativas destacadas “Rutas Saudables” e “Espazos Sen Fume”.

Dentro do voluntariado, incrementouse en 51 persoas o último ano, chegando a 200 persoas voluntarias, e a implantación de campañas de voluntariado pola provincia.

En canto á investigación, a contribución da Asociación en Ourense aumentou o financiamento de proxectos de 81.301 euros a 99.058 euros. Destacar a concesión da primeira axuda nacional de investigación en Ourense á oncóloga Carme García para o desenvolvemento dun proxecto de investigación sobre a prevención do cancro colorrectal, cun valor de 140.000 euros.

Por último, a captación destacou en diversos datos. O número de socios/as pasaron de 4.704 a 5.127, cun crecemento de socios novos de 358 a 421 no 2023. A campaña da Colecta (Cuestación) conseguiu un porcentaxe de crecemento dun 84% pasando de 9.918 euros a 18.307 euros. A Lotaría do Nadal tamén aumentou o seu importe de recadación, con 9.800 euros. A evolución presupostaríacreceu de 618.812 euros no ano 2020 a 932.438 euros no ano actual.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>