Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín súmase a celebración da Primavera de Portas abertas do Viño Monterrei con dous obradoiros temáticos
O Concello de Verín súmase a celebración da Primavera de Portas abertas do Viño Monterrei con dous obradoiros temáticos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Maio 2024 10:41

Un ano máis, Verín súmase á celebración da Primavera de Portas Abertas do Viño Monterrei, que terá lugar durante a fin de semana do 1 e 2 de xuño. As actividades enoturísticas, no entanto, comezarán xa o venres 31 de maio, prolongándose ata o domingo 2 de xuño, brindando aos visitantes unha ampla oferta de experiencias vinculadas ao mundo do viño.



No marco desta iniciativa Verín programará dous obradoiros organizados pola Oficina de Turismo de Verín:

 

  • Obradoiro de Mel: Terá lugar o sábado 1 de xuño ás 11:00 horas. Esta actividade consistirá nunha cata-degustación multisensorial de mel, guiada por un produtor local. Os participantes poderán descubrir as peculiaridades do selecto produto producido na zona e explorar as súas propiedades e usos.

 

  • Obradoiro Floral: Celebrarase o mesmo día, sábado 1 de xuño, ás 16:30 horas. Neste taller os asistentes aprenderan a realizar arranxos florais, como centros de mesa utilizando vides ou outros elementos naturais. Non se require experiencia previa, só creatividade e ganas de pasar un bo intre.

 

 

Para facilitar o acceso ao territorio da Denominación de Orixe Monterrei, a organización disporá dun 'Bus do Viño' con saídas dende as principais cidades galegas: Ourense, Lugo, Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela. Esta iniciativa busca fomentar o turismo responsable e facilitar a participación de visitantes de toda Galicia.

 

A Primavera de Portas Abertas do Viño Monterrei é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coas Rutas dos Viños de Galicia. Na comarca de Monterrei, adegas, restaurantes e aloxamentos unirán esforzos para ofrecer unha experiencia única aos enoturistas, combinando a excelencia vitivinícola coa riqueza cultural e paisaxística da rexión.

 

« A nosa comarca posúe unha riqueza vitivinícola e cultural única que merece ser descuberta. A Primavera de Portas Abertas do Viño Monterrei é a ocasión perfecta para que veciñas e visitantes disfruten do potencial turístico da nosa contorna. Invitamos a todos a achegarse a Verín e gozar das nosas actividades, que sen dúbida lles ofrecerán unha experiencia inesquecible.», salientou Samanta Barreira, concelleira de Turismo, Cultura, Festexos e Conservatorio de Verín.

 

Para máis información sobre estas actividades e inscrición, os interesados poden contactar coa Oficina de Turismo de Verín a través do teléfono 988 411 614 ou do correo electrónico  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

 

A programación completa de actividades pode consultarse na seguinte ligazón: Ruta do Viño Monterrei.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>