Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Presentación “La loba y el podenco”, obra de Concha López Llamas
Presentación “La loba y el podenco”, obra de Concha López Llamas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 28 Maio 2024 11:08

O vindeiro xoves 30 de maio, o Salón de actos da Casa da Cultura acolle a presentación de “La loba y el podenco”, nova obra da bióloga, catedrática de ciencias naturais, activista e escritora, Concha López Llamas.


Sinopse: Anuk, loba da carballeira zamorana, loita por manter a vida que o home trata de arrebatarlle. Diversos avatares poñeránna en relación cun podenco novo, abandonado polo seu amo durante unha xornada de caza. Atoparán os dous cánidos a maneira de coexistir e de coordinarse para facerse máis doada e agradable a existencia? Tres cazadores entrecruzan os seus pasos, no territorio de Anuk, cos dunha parella, as súas dúas fillas e unha cadela, necesitadas de reconectar co silvestre. Como afectará esta circunstancia á loba e ao podenco? E á familia interespecie que intenta pasar as vacacións nun espazo de xenerosa biodiversidade? Unha vibrante historia que afonda, ademais, no comportamento das dúas especies de cánidos da man da etoloxía; e achéganos ao pensamento ecofeminista contraposto ao patriarcado.

Concha López Llamas é bióloga, catedrática de ciencias naturais, activista e escritora. Durante moitos anos contribuíu á divulgación científica e didáctica. Entre a súa recente obra narrativa destacan “Bajo el dominio del Río Negro. Mirada interior de una naturalista” (2011), «La piel restaurada» (2012), “Beatriz y la loba” (2014), “Espejo Lobo” (2018) e “Yo, ecofeminista. Vivencias y pensamientos en diálogo transformador” (2023). En todas elas amosa o seu compromiso coas reivindicacións ecoloxistas, feministas, ecofeministas e animalistas.

Organiza Biblioteca Municipal de Verín

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>