Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Entroideiros Futsal gaña a liga caja rural de fútbol-sala
Entroideiros Futsal gaña a liga caja rural de fútbol-sala PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Xuño 2024 12:24

A Liga comarcal de fútbol-sala, promovida pola área de Deportes do Concello de Verín e patrocinada pola entidade Caja Rural, xa ten gañador. O equipo Entroideiros Futsal proclamouse campión tras unha excelente tempada, acumulando 51 puntos grazas a 16 partidos gañados, 3 empatados e só 2 perdidos. Esta sólida actuación permitiulles obter unha vantaxe final de trece puntos sobre o subcampión, A Barbería-Euroveiga FS.

O club vencedor está composto polos seguintes xogadores: Afonso Delgado "Apo" (capitán e presidente do clube), Fernando Vila, Adrián Medina, Marc González, José Carlos Castro, Jorge González, Miguel Salgado, Javier Rodríguez, Brais Rivero, Luis Dopeso, Daniel Pérez, Brais Prieto e Antucho Espinosa. Estes deportistas consolidaron a súa vitoria grazas a unha defensa sólida e un xogo dinámico e atractivo que lles confería un gran poder ofensivo.

De feito, Entroideiros Futsal destacou por ser o equipo menos goleado, con 36 goles en 21 partidos (1,7 goles por partido), e o segundo máximo goleador, con 85 tantos (4 goles por partido). Ademais, varios dos seus xogadores son fortes candidatos aos premios de MVP e Mellor Porteiro da competición, cuxos resultados se coñecerán na Cea-Gala de final de tempada o vindeiro 14 de xuño.

A Liga Caja Rural celebrou un total de 132 partidos entre os equipos participantes, dende novembro ata maio, e completou con notable éxito o obxectivo inicial de fomentar o futsal como disciplina deportiva e promover a práctica deportiva entre os veciños da comarca. Este obxectivo forma parte do plan de "Vida Saudable" que está a desenvolver o Concello de Verín. Coa finalización da liga, os equipos campión e subcampión, Entroideiros Futsal e A Barbería-Euroveiga FS, obtiveron a súa praza oficial para competir na Super Copa Caja Rural da tempada vindeira.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>