Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Apertura do prazo de inscrición para os Programas de Conciliación: Ludoteca de verán “Convive en Igualdade”, Campamento Urbano “Támega” e Escola Deportiva “Escola de Verán 2024”
Apertura do prazo de inscrición para os Programas de Conciliación: Ludoteca de verán “Convive en Igualdade”, Campamento Urbano “Támega” e Escola Deportiva “Escola de Verán 2024” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Xuño 2024 22:28

5 de xuño de 2024. A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, dependente da área de Benestar Social, anuncia a apertura do prazo de inscrición para a Ludoteca de verán e o Campamento Urbano "Támega" 2024. Estas actividades están dirixidas a menores de 3 a 15 anos e teñen como obxectivo cubrir o tempo vacacional dos nenos e nenas, ofrecendo un amplo abanico de actividades lúdicas e educativas.


Segundo destacou a concelleira de Beneastar Social, «a ludoteca municipal non só é un servizo de conciliación, senón que ano tras ano vai máis alá, ofrecendo actividades cada vez máis diversificadas e entretidas. Estas actividades están especialmente deseñadas para o tempo de lecer e desfrute dos pequenos da familia, proporcionando un espazo seguro e enriquecedor onde poden aprender e divertirse ao mesmo tempo.”


Por outra banda, desde área de Deportes do Concello de Verín, tamén se organiza a "Escola de Verán 2024", cuxo prazo de inscrición formal ábrese mañá, xoves 6 de xuño. Este programa lúdico-deportivo, que celebra a súa 25ª edición, está destinado a nenos e nenas nados entre 2009 e 2018. A Escola de Verán ofrecerá unha ampla gama de proppostas desde o 24 de xuño ata o 10 de setembro, con horarios que van desde as 08:00 ata as 14:30 horas, de luns a venres.

«É un orgullo para nós ver como esta iniciativa creceu e se consolidou ao longo dos anos, proporcionando un espazo onde os nenos e nenas poden desfrutar do verán, practicar deporte e participar en actividades recreativas que fomentan o seu desenvolvemento integral. Convidamos a todas as familias a inscribirse e a aproveitar esta oportunidade única de diversión e aprendizaxe para os máis pequenos», salientou Diego Lourenzo, concelleiro de Deportes e tenente de alcalde.

1. Ludoteca de Verán “Convive en Igualdade”

A Ludoteca comezará o 24 de xuño e finalizará o 10 de setembro, desenvolvéndose de luns a venres. Entre as actividades propostas destacan:

Chapuzóns diarios na piscina.
Obradoiros variados.
Celebración de días temáticos (Día de Galicia, Día do Avó, Día do Emoticono, Día da Froita, etc.).
Inchables e acampadas nocturnas.
Lipdup e bailes fronte ao concello.
Actividades de cine e informática no Aula Cemit.
Excursión ao parque de atraccións Magikland en Peñafiel.

Campamento Urbano “Támega”

O Campamento Urbano repite as actividades que foron un éxito en anos anteriores:

Visita ao parque acuático Naturwaterpark.
Excursión a A Veiga.
Aventura e acampada de dous días na Pousa.
Piragüismo, rutas de sendeirismo, saídas ao río, bicicletada, piscina, acampadas e veladas nocturnas.
Visita ao Festival Internacional de Curtametraxes de Verín – Vía XIV.


Prezos e Horarios para a Ludoteca de Verán e Campamento Urbano:

Horario de 9:00 a 14:30 horas:


Empadroados Non Empadroados
Servizo Completo 143€ 179€
Servizo Completo (3 días á semana) 87€ 108€
1 mes + 1 semana 77€ 97€
1 mes + 1 semana (3 días á semana) 47€ 59€
Quincena 65€ 82€
Quincena (3 días a semana) 40€ 50€
Semana 35€ 44€
Días Soltos 8€ 10€

Horario de 8:00 a 14:30 horas:


Empadroados Non Empadroados
Servizo Completo 169€ 211€
Servizo Completo (3 días á semana) 102€ 128€
1 mes + 1 semana 90€ 113€
1 mes + 1 semana (3 días á semana) 55€ 69€
Quincena 70€ 88€
Quincena (3 días a semana) 43€ 54€
Semana 40€ 50€
Días Soltos 10€ 13€



2. Escola Deportiva “Escola de Verán 2024”

As actividades incluirán:

Xogos coeducativos de igualdade e actividades deportivas variadas.
Cine, teatro, obradoiros, piscinas e bailes-danzas tradicionais.
Torneos deportivos especiais, saídas pola contorna de Verín e eventos para celebrar as bodas de prata da Escola de Verán.

Modalidades de Participación:

Grupo Xeral de 3 días/semana (luns-mércores-venres) para nenos e nenas nados entre 2010 e 2020. Lugar: Pavillón Municipal de Deportes e Piscinas de A Granxa.
Grupo de Fútbol e Fútbol-Sala de 3 días/semana (luns-mércores-venres) para idades de 7 a 15 anos. Lugar: Complexo Deportivo A Granxa e Piscinas de A Granxa.
Grupo Xeral de 5 días/semana (luns a venres) para nenos e nenas nados entre 2010 e 2020. Lugar: Pavillón Municipal de Deportes e Piscinas de A Granxa.
Grupo Mixto de 5 días/semana (luns a venres) para idades de 7 a 15 anos. Lugar: Pavillón Municipal de Deportes/Polideportivo A Granxa e Piscinas de A Granxa. Actividades: combina asistencia ao Grupo de Fútbol/Fútbol-Sala (luns, mércores e venres) e ao Grupo Xeral (martes e xoves).

O primeiro día da Escola de Verán, 24 de xuño, haberá unha xuntanza informativa para os pais de todos os participantes ás 09:00 horas no Pavillón de Deportes.
Prezos para a Escola de Verán 2024:

Tasas Escolas de Veran 2024







INSCRICIÓNS

1. As inscricións para a Ludoteca e Campamento Urbano cubriranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa da Xuventude (Avda. Portugal 11, 1ª planta - Porta 15). Para máis información, poden contactar no 988-414776.

DESCARGUE AQUI A "FICHA LUDOTECA EMPADRONADOS 2024"

DESCARGUE AQUI A "FICHA LUDOTECA NON EMPADRONADOS 2024"



2. Para a Escola de Verán, a inscrición poderá realizarse presencialmente nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes (R/ Irmáns Moreno, 13 - Tlfno.: 988.41.11.40), en horario matutino de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Tamén é posible descargar a folla de solicitude de inscrición e a folla de consentimentos e envialas ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . É necesario entregar a folla de solicitude, folla de consentimentos, fotocopia do DNI do neno/nena, xustificante de pagamento das taxas e acreditar a condición de eurocidadán/empadroado do menor para acceder ao pagamento reducido.

Existen follas de inscrición dispoñibles tamén na entidade Caja Rural (rúa Deputación)

- DESCARGUE AQUI A "FOLLA DE INSCRICIÓN ESCOLA DE VERÁN 2024"

- DESCARGUE AQUI A "FOLLA DE CONSENTIMENTOS ESCOLA DE VERÁN 2024"


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>