Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Presentación do libro "Entroido" de Rober Cagiao
Presentación do libro "Entroido" de Rober Cagiao PDF Imprimir Correo-e
Martes, 11 Xuño 2024 13:20

O vindeiro xoves 13 de xuño, ás 19:30h, terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura a presentación do último libro de Rober Cagiao, titulado "Entroido", publicado pola editorial Knowmadas Books.


Sinopse: O asasino do martelo sembraba o pánico en Galicia a comezos do século XXI. Dúas décadas máis tarde, a filla da súa derradeira vítima, a inspectora Lola Xallas, é a encargada de investigar o asasinato do empresario catalán Tony Torres en Barcelona. Alí coñecerá a Olvido, xornalista e principal sospeitosa, e comezará unha carreira na que o pasado retornará enmascarado entre traizóns, mentiras e unha caza mortal.

Co son do chifre, arrancará o Entroido e os peores pesadelos voltarán para enfrentala á verdade.

Sobre o autor: Rober Cagiao (Bañobre, 1976) sempre sentiu unha gran paixón polas letras. De rapaz, dedicouse á música, chegando a publicar dous discos co grupo de heavy metal Trashnos. Tras quince anos de loita e deixar a música, afastouse do mundo da creación. En 2019, tras un accidente que o deixou postrado durante meses, volveu a escribir e publicou "El Guardián de las Flores", o seu primeiro libro, que xa conta con máis de 60 mil copias vendidas. Este éxito cambiou a súa vida, permitíndolle dedicarse exclusivamente á escritura.

"Entroido" é o seu 14º libro e o primeiro fora da Saga do Guardián. Ademais, é o primeiro escrito en galego, a pesar de estar editado cunha editorial de Murcia. Rober Cagiao espera que esta nova obra sexa do agrado de todos os seus lectores.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>