Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Concello de Verín e Deputación de Ourense avanzan no relanzamento termal do balneario de Caldeliñas
Concello de Verín e Deputación de Ourense avanzan no relanzamento termal do balneario de Caldeliñas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Xuño 2024 16:34

Representantes da Deputación de Ourense, da Xunta, do goberno do Estado e do Concello de Verín, propietario do Balneario, visitaron hoxe as obras da nova captación atopada a 100 metros de profundidade no Balneario de Caldeliñas, nun exemplo da máis completa colaboración institucional. Esta importante obra, enmarcada no Plan de Sostibilidade Turística en “Ourense Termal” da Deputación de Ourense, supón a continuidade da recuperación que iniciuo hai seis anos o Concello de Verín, cando acondicionou a contorna e reabriu o centenario establecemento ao público.


 O alcalde, Gerardo Seoane, agradeceu ao Inorde e as institucións autonómicas e estatais a aposta por recuperar para o seu uso moderno o balneario de Caldeliñas, destacando que esta nova captación “é un punto de non retorno de cara a rehabilitación integral do conxunto, cunha posta en valor e en funcionamento que suporá primeira recuperación dos catro balnearios históricos da vila”.

Seoane, lembrou que ademais da reapertura da fonte primitiva e sinalización de Caldeliñas, o Concello impulsou un plan de equipamentos, próximo a poñerse en marcha en colaboración coa Fundación San Rosendo, para a construción dunha residencia, e un proxecto de rehabilitación integral que xa conta co visto bo de Patrimonio.

Ademais, as novas captacións garanten unha nova posta en funcionamento das instalacións, cun formato moderno, do establecemento balneario, e “tamén a posibilidade dunha nova explotación de auga mineral de consumo, para o cal estamos realizando outro sondeo -distinto ao visitado hoxe -que tamén ofrece esta posibilidade”. Alcalde e concelleira de Turismo destacaron que o paso da captación realizada en colaboración coa Deputación abre a porta a completar tamén o trámite de recuperación da declaración de utilidade pública.

Ampla colaboración

O presidente do Inorde e deputado provincial de Turismo, Rosendo Fernández, visitou hoxe en Verín as obras de sondaxe para a recollida de augas subterráneas en Caldeliñas, que está a realizar a Deputación de Ourense no marco do Plan de Sostibilidade Turística en “Ourense Termal”.  Este Plan execútase grazas a un convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Secretaría de Estado de Turismo e a Axencia Galega de Turismo.

O obxectivo desta obra, que supón un investimento estimado de 150.000 euros, é a captación  de augas que posteriormente poderían ser declaradas en condición mineiro-medicinal de uso terapéutico, co fin de recuperar un uso histórico das mesmas que no seu día daban servizo ao baño de Caldeliñas. (con declaración histórica en 1850), hoxe propiedade do Concello de Verín e sen actividade durante décadas.

Con esta actuación “pretendemos obter a Declaración de Augas Mineromedicinal e/ou Termal para apoiar o desenvolvemento termal do concello de Verín, un dos quince concellos incluídos no Plan”, explicou Rosendo Fernández. Isto facilitaría a súa posterior concesión de explotación para promover e captar os investimentos necesarios para calquera uso termal futuro, creando emprego e asentando poboación no territorio.

Durante a visita, Rosendo Fernández estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos; o alcalde de Verín e a concelleira de Turismo, Gerardo Seoane e Samanta Barreira, respectivamente; a responsable da área de Turismo Termal da Xunta, Belén Gómez e a xerente do Plan, Emma González.

O director do proxecto revisou os detalles destas actuacións e prevé "un bo prognóstico" a partir dos datos obtidos durante o proceso de enquisa. A máquina está perforando a 100 metros de profundidade e ten autorización para alcanzar os 200 metros. Ademais, a auga flúe permanentemente cunha temperatura de 25 graos que podería chegar aos 29 graos como máximo.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>