Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, acolle a presentación do proxecto Transfiresaúde
A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, acolle a presentación do proxecto Transfiresaúde PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 15 Xuño 2024 10:20

A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, acolle a presentación, o próximo 27 de xuño, do proxecto Transfiresaúde cuxo obxectivo principal é reforzar, na Euro Rexión Galicia- Norte de Portugal, o ecosistema de investigación e innovación en saúde.


O evento terá lugar no Hotel Aquae Flaviae - Premium, en Chaves, e contará coa presenza dos representantes dos socios do proxecto onde, ademais da presentación do proxecto e dos seus obxectivos, se debaterán temas como Tecnoloxía, Innovación e Intelixencia Artificial en Saúde, Formación e Traballo e o papel da investigación en saúde na promoción da medicina de precisión personalizada: énfase especial na atención primaria. A presentación do proxecto é de entrada libre, pero de inscrición obrigatoria sendo as vacantes limitadas. O evento está dirixido a profesionais da área e ao público en xeral. Os interesados deberán facer a súa inscrición, ata o día 25 de xuño, a través da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSejjvupHYzgQ-CUumFGVZrXAXScBql1pIztzlmavRFy0QY6xg/viewform

Este proxecto ten como principais obxectivos fortalecer o ecosistema euro rexional de investigación e innovación, en saúde, para o desenvolvemento conxunto de accións enfocadas na adopción de solucións innovadoras, principalmente no ámbito da Intelixencia Artificial, facer fronte aos desafíos relacionados co envellecemento activo e saudable e a medicina personalizada, preferentemente en torno á atención primaria de saúde. Transfiresaúde está coordinado pola Axencia Galega de Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) e ten como socios, ademais da Eurocidade Chaves-Verín, AECT, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Innovación da Universidade de Santiago de Compostela (CITIUS), a Universidade de Vigo, o Instituto de Investigación e Innovación en Saúde da Universidade de Porto, o Centro Clínico Académico-Braga, a Asociación Centro de Medicina P5, o INESC TEC - Instituto de Enxeñería de Sistemas e Computadores, Tecnoloxía e Ciencia e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

Esta acción desenvólvese no marco do proxecto TRANSFIRESAÚDE aprobado polo Programa INTERREG VI-A de Cooperación España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, con cofinanciamento do FEDER.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>