Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Gala solidaria "O noso Entroido": Frai Chitín con Nepal
Gala solidaria "O noso Entroido": Frai Chitín con Nepal PDF Imprimir Correo-e
Martes, 18 Xuño 2024 10:19

O Auditorio de Verín acolle o próximo sábado 29 de xuño, ás 20:00 horas, a gala solidaria “O noso Entroido”. Neste evento, co que colabora o Concello de Verín, conta coa participación de Frai Chitín, o xa mítico personaxe entroideiro verinés interpretado por Miguel Ángel Prieto; quen regresa para apoiar unha causa moi especial: axudar á ONG de Nepal, Hugging Nepal.


As entradas para este evento teñen un prezo de 5 euros e 2 euros para a fila 0, e poden adquirirse en Imprenta Carlín de Verín. Toda a recadación será entregada íntegramente a Hugging Nepal, organización sen ánimo de lucro composta por gran equipo de voluntariado internacional que, desde Nepal, axudan día a día a persoas sen recursos.

Durante a gala proxectarase o documental “O noso entroido”, realizado polos verineses Miguel Prieto Sotelo, “Chita”, Óscar Conde Pérez e Juan Carlos Méndez Damorín, que  garante risas e diversión para todos os asistentes. Ao longo do evento haberá moitas máis sorpresas cun único fin: ¡PASALO BEN!

A trama do documental, vibrante e cunha trepidante “vis cómica”, consiste nas manifestacións espontáneas do público ante o protagonista que percorre os “puntos quentes” do Entroido ourensán cunha misión: dilucidar cal é “o mellor entroido do mundo”. O resultado é unha desternillante procesión de personaxes que pugnan, entre todos, por dar resposta a esta pregunta, posiblemente a máis transcendente para varias comarcas do sur de Galicia.

Quen son Hugging Nepal?

O 25 de abril de 2015 cambiou a vida dos nepaleses e nepalesas. Un terremoto de 7,9 na escala de Richter arrasou parte do país, deixando un balance de máis de 8000 falecidos e máis de 3 millóns de afectados.

Así naceu Hugging Nepal, un grupo de persoas que, tras a traxedia, se uniron de forma espontánea e auto xestionada para prestar axuda directa aos afectados pola catástrofe. Foi tal o apoio e calor recibido que os anima a continuar cun proxecto cuxa misión principal é devolver aos nepaleses, sobre todo a aqueles que xa vivían en situación de pobreza e aos estratos máis vulnerables, unhas condicións de vida dignas.

Desde a súa fundación en 2015, este proxecto foi medrando de maneira espontánea e auto xestionada. Durante estes anos, traballaron arduamente para dar resposta ás necesidades sociais, conseguindo beneficiar a miles de persoas a través dos seus proxectos. A súa clave do éxito? Un gran equipo de voluntarios internacionais e traballadores locais, cuxa dedicación e compromiso fan posible esta importante labor.

Hugging Nepal cre na igualdade, na solidariedade e, sobre todo, no respecto. O seu motor é o amor e a empatía cara a aqueles que simplemente tiveron peor sorte.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>