Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O FIC Vía XIV anuncia a estrea internacional do documental “oriXes: Dez anos de Nova Era
O FIC Vía XIV anuncia a estrea internacional do documental “oriXes: Dez anos de Nova Era PDF Imprimir Correo-e
Martes, 18 Xuño 2024 12:12

Dez anos dan para moito. Á Banda de Gaitas Nova Era de Verín, nesta década de vida, deulle tempo a mudar a realidade musical da vila. O FIC Vía XIV trae por vez primeira un documental que se mergulla no soño de rapaces e rapazas vinculadas a Verín que viron na música de raiz galega o seu espazo creativo onde sentirse vivos. O FIC Vía XIV estrea esta peza audiovisual o vindeiro 30 de agosto no Auditorio Municipal. As entradas estarán dispoñibles dende uns días antes nas canles oficiais do festival.


O filme, dirixido por Daniel García, tamén director da banda, fai unha viaxe polos dez anos de vida de Nova Era para dar a coñecer ao gran público os altibaixos, sorrisos e bágoas que confeccionan a historia da súa travesía musical.Máis dunha trintena de voces que pasaron ao longo destes anos pola formación contarán de primeira man esta historia, mentres lembran algúns dos momentos máis destacados da súa carreira musical e persoal. Porque varios dos seus integrantes levan máis de 20 anos xuntos encima dos escenarios.

A creación desta agrupación supuxo, para os seus integrantes, moito máis que un mero espazo no que labrar a súa paixón pola música: converteuse nun lugar dende o que fomentar e proxectar o talento da vila, así como crear comunidade e, en definitiva, alimentar o que sería o corazón musical de Verín. Tras a proxección do documental, o público asistente poderá conversar con algunhas das persoas que forman parte de Nova Era para botar un ollo atrás en conxunto.

A Banda de Gaitas Nova Era da comezo a un ano moi especial para os seus integrantes no que queren celebrar co público a súa primeira década sobre os escenarios. No 2025 faranse 10 dende a súa primeira actuación, un 13 de xuño de 2015 na Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei. Dende a banda anuncian que "este décimo aniversario será moi especial e agardamos dar algunhas boas sorpresas"

O Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV de Verín continúa na súa andaina de servir como berce para acoller, potenciar e presumir de talentos locais. Por iso, dende a organización, sinalan que a proxección de oriXes: Dez anos de Nova Era no marco do Festival é “unha honra xa que dende a banda foron pioneiras na propulsión da creación dunha canteira de talento local”.

Non é a primeira vez que o FIC e Nova Era colaboran, pois estes músicos xa protagonizaran antes unha actividade no festival musicalizando en directo a curtametraxe "O carro e o home", unha actividade que podemos recordar no video dispoñible na nosa canle do Youtube.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>