Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Torneo de Fútbol 8 'Vila de Verín' atraeu a máis de 2.000 persoas á vila do Támega
O Torneo de Fútbol 8 'Vila de Verín' atraeu a máis de 2.000 persoas á vila do Támega PDF Imprimir Correo-e
Martes, 18 Xuño 2024 20:52

O Torneo Internacional de Fútbol 8 'Vila de Verín' atraeu á vila do Támega a máis de 2.000 persoas, entre acompañantes, xogadores e equipos técnicos dos 42 equipos participantes. Segundo destacou o concelleiro responsable da área de Deportes, Diego Lourenzo, «ademais de xogar ao fútbol, foron dúas xornadas de convivencia e intercambio entre estes novos deportistas e as súas familias».


Os días 15 e 16 de xuño, levouse a cabo este evento no complexo deportivo de A Granxa e no Estadio José Arjiz. Participaron corenta e dous equipos (máis de 500 nenos e nenas) procedentes de Galicia e do norte de Portugal, divididos en tres categorías: prebenxamín, benxamín e alevín.

Na categoría prebenxamín, competiron dez equipos: EDC Verín A, Ourense C.F, EDC Xinzo, EDC Barbadás, EDC Celanova, GD Boticas, EDC Maceda, EF Benfica, S Teresita e C.F. Sanabria. Na categoría benxamín participaron quince formacións: EDC Verín, UD Ourense, C.F Sanabria, EDC Xinzo, Ourense C.F, C.D Velle, C.P Calasancio, EDC Celanova A, Celanova B, GD Boticas, EDC Verín B, G.D Chaves, EDC Maceda, Diogo Cao e C.D Velle B. Finalmente, na categoría alevín competiron dezaseis equipos: EDC Verín B, EDC Xinzo, UD Ourense, CD Purísima, EDC Barbadás A, EDC Celanova, Ourense C.F, EDC Verín A, CF Sanabria, Diogo Cao, EF Benfica, Cented, GD Boticas, EDC Maceda, EDC Verín C e C.P Calasancio.

Na fase final da categoría alevín, o campión foi o CD Purísima, o subcampión o CP Calasancio, o terceiro lugar foi para EF Benfica e o cuarto para UD Ourense. Na fase de consolación, o campión foi EDC Verín A, seguido por EDC Verín C, EDC Xinzo e Sanabria CF.

Na categoría benxamín, o campión foi CD Velle A, o subcampión EDC Verín A, o terceiro lugar foi para CD Velle B e o cuarto para Diogo Cao.

Na categoría prebenxamín, o campión foi EF Benfica, o subcampión Celanova, o terceiro lugar foi para EDC Barbadás e o cuarto para Santa Teresita.

Este torneo foi organizado polas Escolas Deportivas do Concello de Verín coa colaboración de Cabreiroá, Hortoverín e AEVER-CCU Verín. O Torneo Internacional de Fútbol 8 “Vila de Verín” sumouse ao ciclo de actividades deportivas realizadas polo Concello de Verín ao longo do ano, destinadas a promover a saúde a través da creación de ambientes favorables, fortalecemento da acción e participación comunitaria, desenvolvemento de actitudes persoais saudables e formulación dunha política pública baseada no deporte desde a infancia.

Diego Lourenzo, declarou estar «moi satisfeito» co éxito de participación desta edición do Torneo Internacional de Fútbol 8 'Vila de Verín'. «Foi unha verdadeira honra recibir a tantos equipos e ás súas familias e amigos na nosa vila. Este evento non só fomenta a práctica deportiva entre os máis novos, senón que tamén fortalece os lazos comunitarios e promove valores como o compañeirismo e o respecto».

Finalmente agradeceu a todas e todos os participantes e colaboradores a súa implicación e apoio sen os que non sería posible a organización deste gran encontro deportivo.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>