Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín inaugura a tempada de piscinas ao aire libre o 24 de xuño
Verín inaugura a tempada de piscinas ao aire libre o 24 de xuño PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Xuño 2024 12:53

O próximo lunes 24 de xuño, dará comezo a tempada de piscinas ao aire libre en Verín, que se estenderá ata a primeira quincena de setembro.

As instalacións de Verín contan con tres piscinas: unha para adultos e dous infantís. Ademais, ofrece tamén servizo de bar.

Por outra banda, o Concello de Verín anunciou que as instalacións da piscina climatizada de Verín permanecerá aberta durante todo o mes de xullo. Esta medida, que coincide coa apertura das piscinas ao aire libre, busca proporcionar aos veciños unha maior variedade de opcións na época estival para poder realizar exercicio, promovendo así un estilo de vida saudable. O horario da piscina climatizada será de 07:00 a 13:00 h, e de 19:00 a 23:00 h (Domingos e festivos pechados), de luns a venres; mentres que a piscina exterior funcionará todos os días de 12:30 a 20:30, festivos incluídos.

Diego Lourenzo, concelleiro de Deportes, declarou: «A apertura da piscina climatizada en xullo responde a unha vella demanda da cidadanía. É un orgullo para nós cumprir con esta solicitude, permitindo que os veciños manteñan as súas rutinas deportivas e gocen dos beneficios do exercicio durante todo o mes de verán».

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>