Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro actúa sábado 29 de xuño na Praza García Barbón
Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro actúa sábado 29 de xuño na Praza García Barbón PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Xuño 2024 12:18

A Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro, entidade sen ánimo de lucro comprometida coa recuperación e promoción da cultura tradicional galega, ofrecerá un espectáculo o vindeiro sábado 29 de xuño, ás 12:00 da mañá, na Praza García Barbón. O mesmo está enmarcado no programa Danza3, promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais.


Desde a súa fundación en 1996, O Fiadeiro ten traballado arduamente na preservación dos bailes, músicas e cantares dos nosos devanceiros. O seu obxectivo principal é transmitir esta rica tradición ás novas xeracións, organizando diversos espectáculos que levan ós escenarios a música, os cantares e as danzas tradicionais galegas, froito dun constante traballo de investigación etnográfica e de campo. Cada presentación está deseñada para ter un compoñente didáctico, vinculando as escenas ós usos e costumes tradicionais do noso pobo en diferentes épocas.

Nesta ocasión, o grupo de baile e música de O Fiadeiro mostrará o seu amplo repertorio nun espectáculo único, que durará unha hora. O mesmo, composto por pezas e bailes do seu propio arquivo, será adaptado ás necesidades do momento, creando unha experiencia espontánea única e persoal para o público; conseguindo que ningún espectáculo sexa igual a outro.

Para este evento, O Fiadeiro contará có grupo de baile, o grupo de pandereteiros, pandereteiras e a súa charanga, quen animarán á xente a participar e a observar a riqueza do noso patrimonio inmaterial. Os temas que interpretarán serán variados en canto a ritmos e formacións, garantindo unha experiencia vibrante e diversa.

Sobre a Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro:

A Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro naceu no ano 1996 co obxectivo de recuperar e promover a cultura tradicional galega. A través dos seus grupos de baile e música tradicional, traballa incansablemente para preservar e transmitir ás novas xeracións as tradicións dos nosos devanceiros.

Danza 3. Espectáculos de música e baile tradicional

Por 12º ano consecutivo, AGADIC organiza o programa Danza 3, que sairá ao encontro da cidadanía co fin de continuar impulsando a proxección social do rico patrimonio inmaterial que atesouran a música e o bailes tradicionais de Galicia, así como do indispensable labor de investigación, conservación, formación e divulgación arredor do noso folclore que levan a cabo este tipo de agrupacións.

En 2024, as actuacións concentraranse entre os meses de abril e setembro nos concellos de Abegondo, Agolada, Betanzos, Boqueixón, Cangas, O Carballiño, Dumbría, Marín, Meira, Melide, Oroso, Ortigueira, Ribadavia, Ribadeo, O Valadouro, Vedra, Verín e Vilanova de Arousa:

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>