Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Touriñán chega ao FIC Vía Verín XIV coa súa faceta de cineasta e cómico
Touriñán chega ao FIC Vía Verín XIV coa súa faceta de cineasta e cómico PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 Xullo 2024 11:23

Xosé A. Touriñán, o gran nome do panorama audiovisual galego, chega a Verín. O sábado 31 de agosto a vila acollerá as dúas grandes propostas do humorista. Por unha banda, presentará a súa primeira curta documental “Nena”.  Ademais, o público do FIC Vía XIV Verín poderá gozar tamén do seu monólogo “Aquí Tou!”. As entradas para este último espectáculo xa están dispoñibles en ataquilla.com e, para a curta, poderán adquirirse antes do seu comezo nas canles habituais de reservas do festival. Ambos espectáculos terán lugar no Auditorio Municipal de Verín.


“Nena” é a estrea como guionista e codirector de Touriñán. Un filme no que o artista nos mostra o seu lado máis polifacético. Recoñecido polos seus traballos como humorista, Touriñán sitúanos con este filme na pel dunha nena de 12 anos que, trala morte da súa nai, ten que cargar co peso familiar do pai, o tío e o  avó. Unha historia que nos deixa á intemperie. Unha realidade que reflexiona sobre a carga e o rol que ten que asumir a protagonista ante a incapacidad do seu redor.

Ese mesmo día, ás 22.15 h no Auditorio Municipal de Verín. Touriñán volve subirse aos escenarios do FIC cunha proposta ben distinta. Tras presentar o seu filme, poderemos gozar dun Touri cercano que, a través do monólogo “Aquí Tou!” achegaranos, con humor, os fitos máis importantes da súa vida. Un percorrido íntimo e divertido polas súas casuísticas vitais. Neste monólogo, Touriñán, ao tempo que se analiza a el, retrátanos a todas.  As entradas para o espectáculo xa están dispoñibles en ataquilla.com.

Dende a organización do FIC Vía XIV mostran o seu entusiasmo pola participación do artista no festival xa que, a presenza de grandes nomes galegos participando do evento “sitúan a Verín como vila de interior referente das artes audiovisuais”.

Compra aquí as entradas para o espectáculo "Aquí Tou":   https://cutt.ly/yeggXEFW

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>