Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “O Mellor da Terra”, a feira de produtos naturais, ecolóxicos e de proximidade, visita Verín
“O Mellor da Terra”, a feira de produtos naturais, ecolóxicos e de proximidade, visita Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Xullo 2024 13:02

O Concello de Verín, a través da súa área de Feiras, vén de anunciar a celebración da feira de produtos naturais ecolóxicos e de proximidade "O Mellor da Terra", un evento que terá lugar os días 19, 20 e 21 de xullo en Verín. A mesma ten o obxectivo de dar visibilidade aos pequenos produtores da industria alimentaria, brindando unha plataforma única para exhibir unha ampla gama de alimentos de primeira calidade, saudables e innovadores.



Segundo explicou o concelleiro responsable da área de Feiras, Manuel Lorenzo, o obxectivo de "O Mellor da Terra" é constituír un gran escaparate de produtos naturais, ecolóxicos e de proximidade de primeira calidade. «Este evento é unha excelente oportunidade para que todos aqueles pequenos produtores que non teñen a capacidade de chegar a grandes superficies, pero que son fundamentais para o tecido económico da nosa rexión, cheguen de maneira efectiva e directa ao consumidor final».

A feira contará con, aproximadamente, 35 expositores dentro dunha carpa de 50 metros cadrados. Os asistentes poderán saborear unha ampla variedade de produtos de máxima calidade, non procesados, e que son vitais e insubstituíbles polo seu papel na saúde e no benestar do consumidor; así como no desenvolvemento das diferentes economías locais. O horario da mesma será: venres, de 17:00 a 21:00 horas; e sábado e domingo, de 11:00 a 21:00 horas.

Entre os produtos que se poderán degustar, destacan sete variedades de queixos (como queixo de cabra, de ovella, requeixo, tetilla, e ata un queixo italiano e francés). Estarán presentes recoñecidos produtores galegos como: Pepa Loba, co seu paté de centola, ostras O Avó Lelo de O Percebeiro, repostaría Alicia's Cake, aceites Embruxo, cervexas Meiga e de Mirabeles, marmeladas Nela,  galletas Burriana e Xacobleas, licores Barbudoscrema de cacahuete Vainatti, mel Valdebella, bica de castañas Amarante, cafés Aruba, croquetas D, Mareterra ou Antonio e Brais cos seus preñados de choripán, entre outros produtos de primeira calidade.

Os asistentes tamén poderán probar a mellor cecina de León, un dos mellores pementóns, a mellor morcilla de Burgos e as exquisitas anchoas de Santoña; sendo estes os únicos produtos provenientes de fóra de Galicia.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>