Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno extraordinario – 10 de xuño
Pleno extraordinario – 10 de xuño PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Xullo 2024 15:42

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión o presidente, Gerardo Seoane, someteu votación a aprobación definitiva do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións de ronda interior (Tramo 6º) e Parque do Támega-Preguiza que, tras recibir todos os informes favorables necesarios por parte das diferentes administracións, foi ratificado por 12 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 4 abstencións do Partido Popular.


Por outra banda, aprobouse por unanimidade facer efectivo un convenio marco entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Verín. Este acordo establece que a Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia asumirá a convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para as diferentes categorías dos corpos de policía local e as prazas de auxiliares de policía local en Verín. O mesmo busca facilitar e unificar as tramitacións, garantindo unha xestión eficiente e coordinada entre ambas entidades, e asegura que a Xunta se encargue de todos os aspectos administrativos e organizativos necesarios.

Por unanimidade foi ratificado tamén un Plan de Medidas Antifraude destinado a reforzar a integridade e transparencia na xestión dos recursos públicos do Concello de Verín. Este plan inclúe a implementación de mecanismos de control e supervisión máis rigorosos, a promoción da formación e concienciación do persoal en materia de prevención de fraudes, e a creación de canles seguras para a denuncia de prácticas indebidas. Isto suporá unha mellora considerable na organización interna, reforzando a confianza cidadá nas institucións locais, a protección dos fondos públicos e a garantía dunha xestión máis eficiente e ética dos recursos municipais.

Acordouse tamén, por 12 votos (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, aprobar o recoñecemento extraxudicial de créditos, n.º 03/2024, por importe de 1.141.109,59 euros das facturas detalladas no mesmo do ano 2022, así como levantar o reparo de intervención das mesmas, recoñecendo as obrigas de pagamento correspondentes para a inclusión dos gastos no orzamento xeral do ano 2024.

Na sesión plenaria, tamén se aprobou (por 12 votos [7 PSdeG-PSOE e 5 BNG] a favor e 4 votos en contra do Partido Popular) unha modificación de créditos extraordinaria. Este reaxuste é necesario para cubrir gastos urxentes que non se poden atrasar ata o próximo ano fiscal. A mesma estará destinada, entre outros asuntos, á adquisición de terreos necesarios para a finalización das zonas verdes de A Preguiza, Fontenova e da Igrexa Parroquial. Esta actualización permitirá ao Concello avanzar en proxectos prioritarios sen demoras, garantindo o benestar e mellora das infraestruturas locais.

É importante sinalar que esta variación orzamentaria está financiada con cargo a novos ingresos que se integran no orzamento 2024 correspondentes ao cobro das correspondentes taxas e cánones municipais, convenios xa asinados coa Comunidade Autónoma e transferencias da Deputación Provincial de Ourense e FEDER; así como con baixas en outras partidas orzamentarias.

Por último, someteuse a votación a aprobación do convenio anual coa Asociación Vía XIV para a realización da IX Edición do Festival Internacional de Curtametraxes, outorgando unha cooperación financeira municipal por importe de 40.000 euros. Foi aprobado por 12 votos (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>