Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Eurocidade de Chaves-Verín, AECT, acolle o primeiro programa de Mentoring Transfronteirizo para a Xuventude do territorio
A Eurocidade de Chaves-Verín, AECT, acolle o primeiro programa de Mentoring Transfronteirizo para a Xuventude do territorio PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Xullo 2024 12:18

As Xornadas Xuventude Mentoring Transfronteirizo, os días 17 e 18 de xullo, son organizadas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia e desenvólvense no marco do proxecto Eurocidade 2030, coordinado por Eurocidade Chaves-Verín, AECT, coa colaboración dos demais socios: IPDJ - Instituto Portugués do Deporte e Xuventude, FNAJ - Federación Nacional de Asociacións Xuvenís, e Fundación Galicia Europa.

A actividade, destinada a mozos e mozas entre 18 e 30 anos, terá lugar na sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT. Esta iniciativa ten como principal obxectivo crear un espazo de formación, participación e interacción entre os mozos e mozas participantes. Ao longo de dous días realizaranse diversas actividades co obxectivo de potenciar as competencias de emprego dos participantes. Os mozos e mozas aprenderán dinámicas de Mentoría, Taller Lego Serious Play e Gamification.

As Xornadas estimularán a creatividade dos mozos e mozas participantes na Eurocidade, para que atopen solucións orixinais e alternativas aos problemas que atopan na procura de emprego. Neste sentido, os mozos e mozas terán apoio no coñecemento e valorización do territorio, no reforzo da identidade e na posibilidade de establecerse profesionalmente de forma que contribúan ao desenvolvemento do mesmo.

A participación nas Xornadas Xuvenís Mentoring Transfronteirizo é gratuíta pero a inscrición é obrigatoria (prazas limitadas) ata o 12 de xullo. Están incluídos na actividade: comidas, cea, unha noite de aloxamento e Coffe break. Para máis información e inscricións poden consultar a seguinte ligazón: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/28914-xornadas-xuventude-mentoring-transfronteirizo-eurocidade-2030

Esta actividade é unha acción do proxecto EUROCIDADE 2030, aprobado no marco do programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, con cofinanciamento do FEDER.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>