|
Entroideiros Futsal gaña a liga caja rural de fútbol-sala |
|
|
|
Luns, 03 Xuño 2024 12:24 |
A Liga comarcal de fútbol-sala, promovida pola área de Deportes do Concello de Verín e patrocinada pola entidade Caja Rural, xa ten gañador. O equipo Entroideiros Futsal proclamouse campión tras unha excelente tempada, acumulando 51 puntos grazas a 16 partidos gañados, 3 empatados e só 2 perdidos. Esta sólida actuación permitiulles obter unha vantaxe final de trece puntos sobre o subcampión, A Barbería-Euroveiga FS. |
Ler máis...
|
O FIC VÍA XIV explorará nesta edición os límites das fronteiras mentais e contará por primeira vez cun xurado novo |
|
|
|
Sábado, 01 Xuño 2024 09:17 |
O FIC Vía XIV de Verín acaba de anunciar a súa temática para este 2024. As curtametraxes que se proxectarán entre o 28 de agosto e o 7 de setembro explorarán os límites das nosas fronteiras mentais que, dende a organización, vinculan a “un territorio cuxa idiosincrasia está claramente marcada polos lindes, por ser unha vila fronteiriza”. Ademais, coa intención de involucrar no festival a mocidade da vila, o FIC Vía XIV contará nesta novena edición cun xurado novo do que pode formar parte calquera persoa menor de 30 anos con interese no audiovisual, mais que non se adique ao sector de forma profesional, e que teña vinculación coa comarca. O prazo para as inscricións remata o 21 de xuño e pode realizarse a través da web ficviaxiv.com. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 3 de 782 |