Tras aprobar con 12 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 4 votos en contra do Partido Popular a ratificación da urxencia da convocatoria, o presidente do pleno, Gerardo Seoane, someteu a votación a aprobación da acta da anterior sesión ordinaria, quedando ratificada por unanimidade.
Cheo absoluto na primeira proxección infantil do Ciclo Mestre Mateo en Verín
Luns, 09 Outubro 2023 12:12
Hoxe, no Auditorio Municipal de Verín, deu comezo o Ciclo Mestre Mateo coa primeira das proxeccións destinadas ao público infantil. Nesta primeira sesión, un total de 351 nenos e nenas procedentes dos centros educativos da comarca tiveron a oportunidade de desfrutar da película "Valentina", dirixida por Chelo Loureiro. A concelleira de Cultura, Samanta Barreira, foi a encargada de dar a benvida a cativada.
Teatro Rural pola Corresponsabilidade leva "A Misión Secreta de Gala" a Verín
Xoves, 28 Setembro 2023 12:44
O Centro de Información á Muller, en colaboración cos 7 concellos da Mancomunidade de Verín, presenta unha nova actividade enmarcada no proxecto "Teatro rural pola corresponsabilidade". Esta iniciativa ten como obxectivo promover a igualdade e fomentar a participación paterna na educación en valores dos nenos e nenas da rexión a través do teatro. A función de "A Misión Secreta de Gala" , que será de balde, terá lugar o sábado, 7 de outubro, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal.
Cambio de dirección de circulación na Rúa Laureano Peláez de Verín
Martes, 26 Setembro 2023 13:35
O Concello de Verín informa a todos os veciños e veciñas da localidade sobre un importante cambio de dirección de circulación que entrará en vigor o próximo luns 2 de outubro na Rúa Laureano Peláez.
O FIC Vía XIV de Verín atraeu este ano de xeito presencial a 2.500 persoas ao abeiro das súas proxeccións oficiais e actividades paralelas
Xoves, 21 Setembro 2023 09:49
Arredor de 2.500 persoas participaron durante os nove días que durou o FIC Vía XIV 2023 nalgunha das actividades propostas ao abeiro da axenda do certame, así coma no visionado das curtas presentadas a concurso dentro das diferentes categorías oficiais. Xunto a isto, 100 persoas máis seguiron a gala de clausura e entrega de premios de xeito online. As actividades máis exitosas deste ano foron o pase que Pepe Viyuela ofreceu no auditorio da súa obra Encerrona, que colgou o cartel de completo enchendo as 350 butacas do recinto, e tamén a actividade infantil Vémonos no futuro. Esta última, dirixida pola narradora oral Raquel Queizás, convidou a máis de 500 cativos e cativas de seis centros educativos da comarca a mergullarse na maxia do cinema a través do fío condutor da ciencia ficción e programou unha serie de curtas especificamente orientada para a infancia.