Un total de 32 curtas participarán na sección oficial da VIII edición do FIC Vía XIV de Verín, certame que este ano triplica a súa axenda de actividades paralelas |
|
|
|
Venres, 01 Setembro 2023 12:52 |
Ata 32 curtas, de máis dunha ducia de nacionalidades diferentes, participarán na sección oficial da VIII edición do FIC Vía XIV de Verín, cuxo programa de actividades arrincará oficialmente o vindeiro venres, 8 de setembro.Durante nove días, os habitantes da comarca e aqueles e aquelas que se acheguen ata a zona poderán desfrutar,ademais do visionado dos films que se presentan a concurso dentro das diferentes categorías do certame, dun amplo programa de 21 actividades paralelas (o triple que en anteriores edicións do foro). |
Ler máis...
|
O Festival Internacional de Curtametraxes de Verín incluirá por vez primeira unha categoría infantil como nova sección oficial |
|
|
|
Xoves, 24 Agosto 2023 10:29 |
O FIC Vía XIV intensificará neste 2023 as actividades que adoita orientar ao público infantil, unha axenda que de sempre contou cunha ampla aceptación entre a cativada de Verín e comarca. Así, por vez primeira este ano, a organización do certame decidiu incluir na grella oficial unha categoría infantil con catro curtas programadas especialmente para seren visionadas polos máis pequenos. Trátase dos traballos O Monstro e a nena; Ovo; Papirola e Chimborazo. |
Ler máis...
|
|
A Feira do Viño de Monterrei clausura a súa última edición como a máis exitosa da historia. |
|
|
|
Mércores, 16 Agosto 2023 16:06 |
Un encontro vitivinícola de éxito rotundo. Así se pode cualificar a XVI Feira do Viño de Monterrei, que pechou onte as súas portas con cifras récord tanto no número de visitantes como no de tickets-degustación e botellas vendidas. |
Ler máis...
|
"Extruga na Rúa: Tres Días de Música e Arte Urbano para Celebrar o seu Quinto Aniversario en Verín" |
|
|
|
Luns, 14 Agosto 2023 11:35 |
A vila de Verín está a piques de vivir con entusiasmo e fervor a quinta edición do xa clásico festival urbano, Extruga na Rúa. Este ano, o evento chega cun cartel de primeiro nivel encabezado pola emblemática banda de reggae Green Valley e co destacado rapeiro Elio Toffana, acompañados dun elenco de talentosos artistas como HUDA, Mondra, Another Wasted Year, Overdose, Burgas, Twentyfour Seven’s, DJ PIKI e Deriva. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>
|
Páxina 24 de 782 |