FEMURO lanza, coa colaboración do Concello de Verín, SexEdúcate: unha nova iniciativa de Educación Sexual para a Mocidade
Martes, 08 Agosto 2023 11:38
FEMURO presenta o proxecto SexEdúcate, unha nova iniciativa que busca educar á mocidade da provincia de Ourense nunha sexualidade consciente, libre e igualitaria. Este proxecto, que conta coa colaboración co Concello de Verín, enmárcase no compromiso continuo de FEMURO coa promoción da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. A seu financiamento provén da Secretaría Xeral de Igualdade, a través dos fondos do Pacto de Estado, que respaldan diversas accións desenvolvidas ao longo do ano.
O Festival de Curtas de Verín promoverá iniciativas formativas orientadas a profesionais que queiran mellorar as súas competencias en diferentes disciplinas ligadas ao ámbito audiovisual
Martes, 08 Agosto 2023 08:32
A organización do FIC Vía XIV propón para este 2023 unha serie de actividades formativas dirixidas principalmente a profesionais que desenvolvan a súa actividade no eido audiovisual e queiran mellorar as súas competencias arredor dunha serie de disciplinas ligadas a este ámbito de actividade. Porén, tamén, esta axenda formativa se dirixe a un público de carácter amateur interesado en coñecer máis de preto detalles da cinematografía e das súas áreas afíns.
Aberto o prazo de inscrición para a tempada 2023 – 2024 das Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol Sala do Concello de Verín
Venres, 04 Agosto 2023 10:49
A Concellería de Deportes do Concello de Verín comprace anunciar que xa está aberto o período de inscrición para as disciplinas de Fútbol e Fútbol Sala impartidas nas Escolas Deportivas Municipais do Complexo Deportivo da Granxa.
O músico verinés Álvaro Rúa bate un novo Record Guinness Mundial coa nota máis longa tocada cun instrumento de vento
Xoves, 03 Agosto 2023 13:58
Álvaro Isaac Rúa Manso fixo historia esta mañá ao acadar o novo World Record Guinness Mundial por tocar a nota máis longa cun instrumento de vento, concretamente cunha gaita galega. Este logro tivo lugar no Auditorio Municipal, onde o músico verinés demostrou a súa gran destreza musical.
As III Xornadas de Música Tradicional Nova Era encherán as rúas de Verín de actividades para todos os públicos
Luns, 31 Xullo 2023 17:24
Os vindeiros días 3, 4, 5 e 6 de agosto a Banda de Gaitas Nova Era volverá celebrar as "Xornadas de Música Tradicional Nova Era", un evento que pretende dinamizar a axenda de Verín con actividades ao redor da música tradicional e popular galega. A III edición destas Xornadas preséntase coma unha oportunidade para o encontro da veciñanza ao redor da música de raíz con foliadas, actividades para a cativada, visitas aos centros de maiores e incluso un intento de novo World Record Guinness. Unha proposta cultural que contará con máis de 50 músicos das asociacións culturais da comarca e o apoio do Concello de Verín e do tecido hosteleiro da vila.