Humor absurdo e cinema para a reflexión serán os eixos sobre os que se vertebre a visita de Pepe Viyuela ao FIC de Verín
Martes, 13 Xuño 2023 11:35
Antonio Durán “Morris”, Mabel Rivera, Luis Zahera ou Serxio Pazos son algúns dos actores que visitaron Verín durante a semana de celebración do FIC Vía XIV nalgunha das súas anteriores edicións. A estes nomes, sumarase nesate 2023 o de Pepe Viyuela, un artista polifacético cunha marcada impronta humorística, ben coñecido polo gran público grazas á súa participación en míticos programas de televisión como Un, dos tres ou No te rías que es peor.
O Concello de Verín organiza unha andaina solidaria en apoio a Cruz Vermella
Luns, 12 Xuño 2023 11:44
O vindeiro domingo 18 de xuño, o Concello de Verín organiza unha andaina solidaria a favor de Cruz Vermella Verín. A finalidade desta iniciativa é axudar á entidade a recadar fondos para levar a cabo a súa labor social en favor dos colectivos máis desfavorecidos.
Antonio Piñero, experto en cristianismo primitivo, presenta en Verín a súa obra "Los libros del Nuevo Testamento: Traducción y comentarios”
Mércores, 07 Xuño 2023 10:30
Maña xoves 8 de xuño, ás 19:30 horas, o prestixioso catedrático de filoloxía grega e especialista en linguas antigas e literaturas do cristianismo primitivo, Antonio Piñero, presentará no Salón de Actos da Casa da Cultura a súa nova obra "Los libros del Nuevo Testamento: Traducción y comentarios”.
O Concello de Verín abre licitación para a explotación do bar e servizos complementarios das piscinas municipais
Xoves, 01 Xuño 2023 13:21
O Concello de Verín ven de anunciar o prego de cláusulas administrativas particulares para a explotación do servizo de bar das piscinas municipais de verán e servizos complementarios para o ano 2023. Prazo límite para a entrega da documentación, 8 de xuño.
Verín acolle a presentación da obra “Y a pesar de todo, Ellas siempre cantan” de Artur Alonso Novelhe
Mércores, 31 Maio 2023 08:38
O vindeiro sábado 3 de xuño, ás 12:00 h, o Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín acolle a presentación do libro de poesía “Y a pesar de todo, Ellas siempre cantan” de Artur Afonso Novelhe. A presentación desta obra lírica correrá a cargo de Edelmiro Mateo.