O vindeiro sábado 22 de abril, ás 19:00 horas, terá lugar o Concerto de Música Solidaria a favor de Cáritas Verín na Igrexa Parroquial de Santa María a Maior de Verín.
O aclamado artista arxentino Marcelo Katz ofrece un taller gratuíto de clown en Verín
Mércores, 19 Abril 2023 11:28
A Escola de Teatro Kotodama vén de anunciar que o aclamado artista escénico arxentino, Marcelo Katz, impartirá un taller de clown do 1 ao 4 de maio en Verín. Devandita formación será gratuíto e realizarase na escola de teatro Kotodama, cun espectáculo final que percorrerá as rúas da cidade.
Técnicos da Denominación de Orixe e do Museo do Viño de Galicia identifican milleiros de documentos clave para a historia de Monterrei no despacho de Recaredo Romero
Martes, 18 Abril 2023 11:54
Os investigadores do futuro que se mergullen na historia de Monterrei terán unha axuda imprescindible no arquivo do comerciante Recaredo Romero. Prezos e tipos de uva, censos gandeiros, modelos de propiedade da terra e todo tipo de detalles sobre a historia agraria da bisbarra nas décadas centrais do século pasado son o primeiro tesouro que acaba de entregar aos estudosos da historia o edificio do novo Museo de Verín, recentemente adquirido polo Concello. Técnicos do Museo do Viño de Galicia e da D.O. Monterrei realizaron unha primeira inspección dos mesmos, e desenvolverán agora tarefas de conservación, inventariado e restauración, para polos no futuro ao dispor dos investigadores.
O Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións da película "The Super Mario Bros Movie"
Martes, 18 Abril 2023 09:09
Os días 21, 22 e 23 de abril, o Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións da película "The Super Mario Bros Movie" no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:
O Concello de Verín convoca o certame de poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez
Luns, 17 Abril 2023 11:46
Para fomentar a creatividade literaria das persoas que estudan nos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín, coa colaboración de GADIS, convoca o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez.