O Auditorio de Verín acolle a representación da obra de teatro familiar “Asamblea Xeral”
Xoves, 30 Marzo 2023 09:40
O 2 de abril, ás 18:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a representación da obra “Asemblea xeral”, unha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) e Sarabela Teatro.
O Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "El chico león" e "Matria"
Xoves, 30 Marzo 2023 09:08
Durante os días 31 de marzo e 1 e 2 de abril o #CinemaMunicipaldeVerín acolle as proxeccións das películas "El chico león" e "Matria" no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:
O FIC Vía XIV 2023 programará pezas audiovisuais e actividades paralelas específicas que poñan o foco na loita contra o cambio climático e a sostibilidade
Mércores, 29 Marzo 2023 11:47
A VIII edición do Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, xa ten datas. Desenvolverase na vila do Támega entre o 8 e o 17 de setembro. Este ano, como principal novidade, a organización decidiu poñer o foco dunha das categorías oficiais do certame -a denominada Horizontes- en programar curtas que teñan como obxectivo chamar a atención sobre a sostibilidade e a urxencia de tomar medidas que axuden a paliar o cambio climático, ademais de manter a recepción de curtas baixo a premisa habitual desta categoría. Ao respecto desta cuestión, tamén se promoverán accións paralelas específicas dentro da axenda do FIC 2023.
Cogami finaliza o curso de alfabetización dixital en Verín dirixido a persoas con discapacidade
Martes, 28 Marzo 2023 13:26
As instalacións da aula Cemit do Casa da Xuventude do Concello de Verín, acolleron un curso de Alfabetización Dixital que imparte a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Esta mañá tivo lugar a clausura oficial do mesmo, na que estiveron presentes a concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior, Rosario Rodríguez, e o técnico de Intermediación Laboral e Orientador en COGAMI, Carlos Montero.
Espectáculo pirotécnico no parque de Fontenova de Verín
Venres, 24 Marzo 2023 13:39
Este sábado, ás 23:59 horas, o Concello de Verín organiza no marco das festas o Lázaro un espectáculo de fogos de artificio. O mesmo terá lugar no Parque de Fontenova.