Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
O Entroido de Verín recupera todo o seu esplendor con máis de 100 horas de música en directo e unha completa programación para todas as idades PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Xaneiro 2023 12:55

Esta mañá, a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, presentou no Salón de Actos da Casa da Cultura a programación oficial do Entroido 2023, que este ano recupera todo o seu esplendor con máis de 100 horas de música en directo e unha programación concibida para o desfrute de todos os públicos.

Ler máis...
 
Emilio González e a concelleira de Seguridade cidadá de Verín copresiden a Xunta de Seguridad Local para analizar o plan de seguridade do Entroido PDF Imprimir Correo-e
Venres, 27 Xaneiro 2023 15:10

O Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, copresidiu esta mañá xunto a Concelleira de Seguridade Cidadá de Verín, Cándida Couñago, a xunta local de seguridade da vila para analizar e por en marcha o plan de protección do Entroido deseñado por Protección Civil, e que dará comezo o vindeiro 9 de febreiro co “xoves de compadres”. Á reunión asistiron tamén representantes da Garda Civil e da Policía Local da vila, así como, de protección Civil e Xunta de Galicia.

Ler máis...
 
O Concello e Fundación San Rosendo dan luz verde ao novo Complexo Balneario - Asistencial de Caldeliñas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 24 Xaneiro 2023 16:46

O Concello de Verín oficializou esta mañá baixo escritura publica a cesión do terreo situado en Caldeliñas á Fundación San Rosendo. O destino do mesmo será a construción e posta en funcionamento dunha residencia para o coidado e atención de persoas maiores, e actividades complementarias vinculadas á atención e coidado das mesmas.

Ler máis...
 
O cartel oficial do Entroido 2023 de Verín homenaxea as “mulleres entroideiras” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 20 Xaneiro 2023 13:48

 O Entroido 2023 de Verín xa ten imaxe oficial.  O cartel ilustrador de esta edición foi presentado esta mañá na vila do Támega pola concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo, e por Iago Blanco de la Parra, deseñador e arquitecto de interiores verinés, autor do mesmo.

Ler máis...
 
O Pleno Infantil de Verín pon o foco na igualdade de xénero PDF Imprimir Correo-e
Venres, 20 Xaneiro 2023 13:00

Máis de 120 alumnos e alumnas de sexto de primaria e de primeiro de ESO pertencentes aos centros educativos de Verín, Amaro Refojo, María Inmaculada, Mercedarios e Princesa de España, participaron esta mañá no Pleno Infantil, convocado polo Concello para coñecer as inquedanzas e os desexos de implicación na vida pública dos veciños máis novos da vila.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 Seguinte > Final >>

Páxina 44 de 782
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>