Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
Verín reducirá en máis de 15 toneladas ao ano as súas emisións de CO2 coa nova instalación fotovoltaica da piscina climatizada PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 10 Novembro 2022 13:36

 A piscina climatizada do Concello de Verín xa conta  con paneis solares que fornecerán a enerxía eléctrica para tanto para o seu autoconsumo como para a súa climatización. Esta acción é posible grazas ao investimento de 28.849,50 euros dos que 22.118,32 euros son financiados polos fondos comunitarios derivados  do   Feder nun 80 por cento,  sendo o  importe restante de carácter municipal. Desta forma as citadas instalacións pasan a ser autosuficientes no ámbito enerxético.

Ler máis...
 
O Concello de Verín substituíu 1.630 luminarias nos núcleos rurais na segunda fase do seu plan de renovación e mellora da iluminación pública PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Novembro 2022 12:36

 O Concello de Verín  vén de rematar a segunda fase de renovación da iluminación pública por luces LED co consecuente aforro e eficiencia enerxética, así como a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro. En total substituíronse 1.630 luminarias de iluminación pública correspondentes as luminarias de quince núcleos rurais de Verín (Tamaguelos Tamagos, Pazos, Queizás, Pazos, Mourazos, Mandín, Feces de Abaixo, Cabreiroá, A Rasela, Ábedes, Queirugás, Vilamaior, O Salgueiro e Caldeliñas).

Ler máis...
 
O Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Minions, el origen de Gru” e "Viaje al paraíso" PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 Novembro 2022 13:37

 Durante os días 11, 12 e 13 de novembro o Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Minions, el origen de Gru” e "Viaje al paraíso" no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases.

Ler máis...
 
Castañas gratis e foliada na Praza García Barbón de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 Novembro 2022 10:26

 O vindeiro sábado, 12 de novembro, o Concello de Verín celebra un magosto popular na Praza Maior da vila.

Ler máis...
 
A Xunta somete á información pública o proxecto de construción dunha base aérea transfronteiriza entre Verín e Oímbra no marco do proxecto Interlumes PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 Novembro 2022 00:00

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado 4 de outubro o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción dunha base de medios aéreos transfronteiriza -no marco do proxecto Interlumes do Programa de Cooperación INTERREG V-A España-Portugal (Poctep)-, nos concellos ourensáns de Verín (Mandín) e Oímbra (Rabal). Cómpre lembrar que para financiar a iniciativa Interlumes, no que ademais da Xunta participan o Goberno portugués e outras institucións de Galicia, Castela e León e Estremadura, prevese un investimento total de máis de 9 millóns de euros.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 Seguinte > Final >>

Páxina 51 de 782
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>