Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
Presentación da Escola Municipal de Tenis 2013-2014 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Setembro 2013 09:17

Hoxe luns, 30 de setembro, ten lugar no IES Taboada Chivite a presentación da Escola Municipal de Tenis para esta tempada. Todos os pre-inscritos/as e aqueles/as nenos/as aínda non se inscribiron, pero están interesados/as, poden acudir ás 18.30 horas para as probas de nivel, clasificación de grupos, establecemento de horarios e a explicación da participación da Escola Municipal de Tenis no Circuíto Escolar durante este curso.

 
Clase musical gratuíta para menores de sete anos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 27 Setembro 2013 12:02

Os/As nenos/as de 7 anos de idade están convidados o vindeiro luns día 30 a unha clase gratuíta de música que lles ofrece o Conservatorio Elemental de Música de Verín. A actividade desenvolverase na Casa da Música (rúa José María Pereda, 3) das 6 ás 7 horas da tarde. O profesor será Alejandro Vázquez “Alex”, 27 anos de idade, titulado superior de música.

Ler máis...
 
Axudas para a realización de estudos universitarios en Galicia PDF Imprimir Correo-e
Venres, 27 Setembro 2013 08:44

Desde a Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil e o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de axudas para a realización de estudos universitarios en Galicia.

Ler máis...
 
‘Contos da Selva’ na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 26 Setembro 2013 11:25

O vindeiro venres 04 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos da Selva' no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Ler máis...
 
Un grupo de xornalistas lusos especializados en Turismo BTT visita o territorio de Puertas de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 25 Setembro 2013 11:02

Nas últimas xornadas, un grupo de xornalistas lusos especializados en turismo de bicicleta de montaña desprazáronse ata o territorio de Puertas de Galicia para coñecer o funcionamento do centro BTT e os servizos que presta.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 591 592 593 594 595 596 597 598 599 600 Seguinte > Final >>

Páxina 593 de 782
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>