Visita do Carteiro Real e Cotillón Infantil en Verín
Venres, 28 Decembro 2012 12:02
Mañá sábado 29 de decembro, a praza do Concello de Verín acollerá a visita do Carteiro Real aos/ás nenos/as do municipio. Desde ás 16.30 horas realizaranse obradoiros de globoflexia, maquillaxe infantil ou malabar, así coma inchables para todos/as menores asistentes a esta actividade de Nadal, e a partir das 18.30 horas está prevista a chegada do Carteiro Real para recoller as peticións de todos os nenos e nenas de Verín.
Mañá venres 28 de decembro, desde ás 16 horas, as rúas de Verín acollerán a realización dunha caravana infantil, organizada polo Concello de Verín, Eurocidade Chaves-Verín e AEVER (Asociación de Empresarios de Verín).
Presentación da curta “Mr. Smith & Mrs. Wesson” en Verín
Mércores, 26 Decembro 2012 12:59
A Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá o vindeiro xoves 3 de xaneiro, a partir das 19.30 horas, a presentación da curta “Mr. Smith & Mrs. Wesson”, a cargo do seu produtor executivo o verinense Gutier Rolán.
A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 22 de decembro, a partir das 12 horas, o tradicional concerto de Nadal do Conservatorio Elemental de Música de Verín, con repertorio clásico e de Nadal.
Desde mañá 22 de decembro e ata o 5 de xaneiro, o Concello de Verín e a Asociación de Empresarios de Verín (Aever) promoven a quinta edición de 'Ludonadal', unha ludoteca destinada a estas datas e dirixida a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, co obxecto de promocionar económicamente o comercio tradicional na localidade, facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos/ás nenos/as un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.