Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
O Festival de Curtas de Verín volve programar actividades para os cativos e cativas tras dous anos de parón por mor da pandemia PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Xullo 2022 12:09

 Logo de dous anos de interrupción por mor da pandemia, a cativada volverá ser protagonista no FIC Vía XIV de Verín ao programar o certame unha actividade específica para eles que se desenvolverá, por bloques de idade e baixo a batuta da narradora oral Raquel Queizás, nas xornadas dos días 1 e 2 de setembro no Auditorio. Baixo o título de Sopa Cómica, a organización do certame deseñou unha actividade para que os rapaces e rapazas de Verín e comarca se acheguen ao cinema e desfruten coa súa maxia e poder evocador.

Ler máis...
 
A Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano do Concello de Verín recupera a festividade de San Fermín tras dous anos de parón por mor da pandemia PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Xullo 2022 11:56

 O xoves día 7 de xullo máis de 170 menores integrantes destes servizos de conciliación, coeducación e diversión, (ludoteca – campamento urbano) participarán nunha divertida xornada de xogos que terá como temática principal a tradicional festividade do San Fermín. A mesma terá lugar no CEIP Princesa de España.

Ler máis...
 
Verín acolle a retransmisión en directo da ópera Nabucco de Giuseppe Verdi PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 Xullo 2022 12:07

 O venres, 15 de xullo, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a retransmisión en directo da ópera Nabucco, de Giuseppe Verdi, que se representará no Teatro Real de Madrid. Este evento está enmarcado dentro das propostas de achegamento da ópera a todos os cidadáns, que impulsa o programa de actividades do Bicentenario do Teatro Real.

Ler máis...
 
XVIII foro da Igualdade “Rompendo o teito de cristal” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 01 Xullo 2022 11:31

A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), vai levar a cabo esta primeira fin de semana do mes de xullo a XVIII Edición do FORO DA IGUALDADE que este ano leva por título “ROMPENDO O TEITO DE CRISTAL”.

Ler máis...
 
'Xornada informativa sobre a implantación do SICTED en Ourense Termal', organizada pola Deputación de Ourense, Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 01 Xullo 2022 10:33

 O vindeiro martes 5 de xullo, ás 10:30 horas, terá lugar en Verín a primeira xornada informativa sobre a implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) de Ourense Termal, conformado polos 15 municipios termais rurais da provincia, que nace co obxectivo de adherir empresas e servizos turísticos da contorna da comarca Verín Monterrei que forman parte do Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal. Este execútase co cofinanciamento da Xunta de Galicia, a Secretaría de Estado de Turismo e o propio goberno provincial.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>

Páxina 67 de 782
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>