Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
Videoconferencia con Papá Noel e visita á Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 12 Decembro 2011 13:38

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza os días 14 e 15 de decembro, ás 11 horas, unha videoconferencia con Papá Noel para os/as nenos/as de infantil do centro educativo Amaro Refojo e Papá Noel.

Ler máis...
 
A Festa do Cocido de Lalín e a D.O. Monterrei irmandan aos municipios de Verín e Lalín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 Decembro 2011 19:36

A Casa do Escudo de Verín acolleu hoxe a presentación do acordo alcanzado entre o Concello de Lalín e a D.O. Monterrei para a promoción da Festa do Cocido e dos viños desta denominación, que contou coa participación do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, o presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Antonio Ángel Méndez Atanes, e os rexedores de Lalín e Verín, Xosé Crespo Iglesias e Juan Manuel Jiménez Morán, respectivamente.

Ler máis...
 
Conferencia 'A Constitución de todos e todas. Homenaxe á Constitución no 33 aniversario' PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Decembro 2011 12:51

A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 9 de decembro, a partir das 20.15 horas, a conferencia 'A Constitución de todos e todas. Homenaxe á Constitución no 33 aniversario', a cargo de José Agustín González-Ares Fernández, profesor de Dereito Constitucional da Universidade de Vigo.

Ler máis...
 
Gastronomía, viñedos e patrimonio histórico na Ponte enoturística na comarca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 02 Decembro 2011 15:15

A partir de mañá e ata 8 de decembro, ponte da Constitución, a  Asociación da Ruta do Viño Monterrei, en colaboración co Concello de Verín e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, ofertará paquetes especiais de enoturismo destinados a que os/as visitantes se aproximen a Verín nestas datas co obxecto de coñecer de modo integral un destino con múltiples posibilidades: paseos por viñedos, visita a adegas, degustación da gastronomía da zona, adquisición de produtos típicos e visitar o patrimonio natural e histórico-artístico da comarca de Verín-Monterrei.

Ler máis...
 
Campaña para a recollida de xoguetes para os nenos da Eurocidade Chaves - Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 02 Decembro 2011 15:07

Baixo o lema ‘Comparte sorrisos e ilusións’ o Centro Comercial Urbano de Verín, en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín, Concello de Verín, Municipio de Chaves, Pro-Centro (Asociación para a promoción do centro urbano de Chaves), Xunta de Galicia, Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) e diversas entidades e establecementos verineses organizan a segunda edición da campaña de recollida de xoguetes para os/as nenos/as da Eurocidade.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 661 662 663 664 665 666 667 668 669 670 Seguinte > Final >>

Páxina 662 de 782
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>