Concurso ‘Cigarrón de Verín’ |
|
|
|
Mércores, 17 Marzo 2010 13:09 |
O sábado 20 de marzo, a partir das 11 horas, o Pavillón Municipal de Deportes de Verín acollerá a realización da terceira edición do concurso Cigarrón de Verín, co fin de converterse nun referente gastronómico e relanzar os produtos e viños da comarca de Monterrei. |
Ler máis...
|
Abre ArtVerín con obras de 20 artistas comarcais |
|
|
|
Mércores, 17 Marzo 2010 13:07 |
A Casa do Escudo de Verín acolle por segundo ano consecutivo ArtVerín, exposición de artes plásticas na que participan vinte artistas da nosa comarca. A mostra ábrese oficialmente o xoves día 18, para clausurarse o día 3 de abril, sábado de Paixón. No acto inaugural, que comezará ás 20.15 horas, está prevista a participación do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e entre os convidados figuran os alcaldes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, os membros dos grupos políticos municipais verinenses, as persoas representativas dos sectores empresarial e asociativo, e as vinculadas directamente ás artes plásticas na comarca.
|
Ler máis...
|
|
Luns, 15 Marzo 2010 14:02 |
O próximo 20 de marzo, o recinto da Lonxa Agropecuaria de Verín acollerá unha exposición de cans de caza, desde as 10 ás 14 horas.
|
Ler máis...
|
Contos das Criaturas Misteriosas |
|
|
|
Luns, 08 Marzo 2010 12:27 |
O vindeiro sábado 13 de marzo, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a iniciativa ‘Contos das Criaturas Misteriosas’, enmarcada dentro da programación de actividades destinada ao fomento da lectura e dinamización da Biblioteca.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 721 722 723 724 725 726 727 728 729 730 Seguinte > Final >>
|
Páxina 722 de 782 |