Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
O cinema municipal de Verín acolle a proxección da película "Los secretos de Dumbledore, vuelve la magia” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 20 Abril 2022 10:06

Durante os días 22, 23, e 24 de abril o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película "Los secretos de Dumbledore, vuelve la magia” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases.

Ler máis...
 
“Kotodama teatro” estréase por primeira vez cun innovador espectáculo itinerante PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 09 Abril 2022 11:41

 Kotodama, o grupo de teatro do actor e director verinés, Santi  Cañaveral, vén de estrear, nun bar da vila, un novo espectáculo itinerante baseado na improvisación pura e na interacción constante co público. Esta iniciativa está enmarcada dentro do curso de Teatro do Concello de Verín.

Segundo destacou Cañaveral, o novo show tivo unha gran acollida entre o público asistente debido ao seu carácter innovador. «A idea é realizar unha xira por todos os bares de Verín variando o seu espectáculo, dun a outro, para que sempre exista o efecto sorpresa para o público».

Despois dunha realizar unha gala na que tanto o público como os actores e actrices de Kotodama foron os protagonistas, Santi Cañaveral explica cales serán os seus seguintes obxectivos: «Pretendemos ser a primeira escola de teatro profesional rural da provincia de Ourense. Teño a firme convicción de que a linguaxe foi creado para mentir, aínda que en ocasións poden verse escintileos de verdade. Iso é o que tentamos ensinar en escena. Que dunha gran mentira pode existir a verdade».

Kotodama teatro

Kotodama é un proverbio xaponés que significa: espírito da linguaxe ou palabra da alma. Tanto a improvisación, coma a dirección ou a linguaxe corporal son temas fundamentais nas clases de Santi Cañaveral, que resultan na deconstrución persoal de cada un dos seus alumnos e alumnas.

O grupo de teatro Kotodama imparte as súas clases no Pavillón Municipal de Verín. Os interesados en inscribirse no curso teatral poden facelo chamando ao teléfono 600 234 318.

 
Gerardo Seoane pide a axuda da Xunta para conseguir autonomía enerxética para aldeas mediante enerxía solar PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Abril 2022 13:24

 O alcalde de Verín lanzou hoxe unha novidosa idea nunha mesa de traballo sobre captación de fondos europeos: adiantou que o Concello prepara un proxecto para dotar de autonomía enerxética aos 16 núcleos do rural de Verín, mediante enerxía solar. O rexedor fixo este anuncio nunha xornada de Agader que reuniu aos alcaldes da comarca de Monterrei para deseñar o Plan Integral de Recuperación da área suroriental de Ourense.

Ler máis...
 
“O gran camiño” “Código Emperador” e “Ainbo, la guerrera del Amazonas” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Abril 2022 10:28

 Durante os días 8, 9 e 10 de abril o cinema municipal de Verín acolle as proxeccións das películas “O gran camiño”, “Ainbo, la guerrera del Amazonas” e "Código Emperador” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
O xornalista Fernando Rueda presenta a súa obra “Al servicio de su majestad” na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Abril 2022 13:31

O venres 22 de abril, ás 19:30 horas, a Biblioteca Municipal de Verín acollerá a presentación da obra  Al servicio de su majestadde Fernando Rueda, probablemente un dos xornalistas que máis sabe sobre o mundo dos espías e o centro nacional de intelixencia (CNI).

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 Seguinte > Final >>

Páxina 77 de 782
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>