Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
Avanzan as obras de canalización da canle de San Lázaro PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 18 Decembro 2021 12:45

 O Concello de Verín está a traballar nas obras de canalización da canle de San Lázaro, situada no tramo urbano da estrada de Vences, á altura da Casa do Escudo. Devandita actuación, que conta cun investimento de 48.000 euros, está  incluída no Plan Provincial de Cooperación das Obras e Servizos de Competencia Municipal da Deputación de Ourense.

Ler máis...
 
A VII edición do FIC Vía XIV de Verín desenvolverase do 31 de agosto ao 04 de setembro de 2022 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 17 Decembro 2021 12:47

A VII edición do FIC Vía XIV de Verín desenvolverase na vila do Támega entre os vindeiros 31 de agosto e 04 de setembro de 2022. “Deste xeito, dase continuidade a unha iniciativa cultural perfectamente incardinada xa, logo de tantas edicións, na axenda de ocio e lecer de Verín”, destaca o director do certame, Carlos Montero.

Ler máis...
 
O Concello de Verín remata as accións de limpeza e conservación do río Támega no seu tramo urbano PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Decembro 2021 11:54

O Concello de Verín  vén de rematar as accións de limpeza do tramo urbano do leito do río Támega ao seu paso pola vila, concretamente nas zonas situadas entre a ponte de Verín e Pazos.

Ler máis...
 
Pleno ordinario: 15 de decembro de 2021 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 Decembro 2021 14:01

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:

 

Aprobación da acta da sesión ordinaria de data 11/11/2021.

 

Expediente 3553/2021. Aprobación definitiva expte modificación créditos num.10/2021, expte. Recoñecemento extraxudicial créditos, suplementos crédito o créditos extraordinarios, con cargo a remanente liquido tesoureira, regularizar saldo 413 año 2.020, importe 119.102,01 euros.

 

Expediente 3949/2021. operacións de crédito. adxudicación da operación de crédito a curto prazo 1/2.021, operación de tesoureira, por importe de 2.600.000,00 euros.

 

Expediente 4348/2021. imposición e ordenación de tributos. Aprobación provisional modificación ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación servizo público rede xeral municipal de sumidoiros e saneamento, en base á solicitude efectuada pola empresa concesionaria espina y delfín, para actualizar tarifas á suba IPC.

 

Expediente 4340/2021. imposición e ordenación de tributos. Aprobación provisional modificación ordenanza fiscal reguladora taxa polo servizo de abastecemento e distribución domiciliaria de auga potable, en base á solicitude empresa concesionaria espina y delfín, para adecuación prezos á suba ipc..

 

Informacións e outros asuntos da presidencia.

 

Dar conta dos decretos ditados pola alcaldía e polas distintas concellarías delegadas, en materia de administración local, dende o 06/11/2021 até o 09/12/2021, ambas as dúas datas incluídas

 

 


Ler máis...
 
O 90 por cento dos expositores volverían a participar na Feira de Nadal PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Decembro 2021 10:23

 Esta mañá, o concelleiro da área de Transporte, Feiras e Hostalería,  Manuel Lorenzo, e a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, realizaron un balance “positivo” dos resultados da Feira de Nadal de Verín celebrada entre os días 4 e 8 de decembro na Praza García Barbón. Baseándonos no cuestionario realizado polo Concello de Verín aos expositores participantes, o resultado é que o 80 por cento dos stands enquisados dan un aprobado ás vendas e o 90 por cento dos mesmos volverían a participar no evento.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 Seguinte > Final >>

Páxina 86 de 782
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>