Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
ACTUALIZACIÓN: A Consellería de Sanidade mantén as restricións no Concello de Verín para reforzar o control da COVID 19. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 Setembro 2020 19:28

Logo da reunión do Subcomité clínico de expertos sanitarios, á vista da situación epidemiolóxica no noso municipio, acordouse o mantemento das medidas vixentes para reforzar o control da COVID 19.

Ler máis...
 
Un ano máis Verín participa XIII Limpeza Simultánea de ríos do Proxecto Ríos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 Setembro 2020 13:05

Limpeza Rios O vindeiro domingo 27 de setembro é a data na que se realizará a actividade á que o Concello de Verín se suma novamente organizando un grupo de limpeza para a décimo terceira edición das limpezas simultáneas de río, organizadas por ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galicia).

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. 

Ler máis...
 
ACTUALIZACIÓN: Novas medidas do Concello de Verín para reforzar o control da COVID-19. PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Setembro 2020 13:00

O Concello de Verín anuncia a adopción de novas medidas para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19,
así como a propia exposición a ditos riscos.

Peche do Museo Claustro Mercedario.
A actividade na Biblioteca Pública Municipal de Verín continúa limitada ao servizo de préstamo.
Quedan adiados os eventos culturais que estaban programados nas instalacións do Auditorio Municipal de Verín.
Serán precintados os parques municipais, incluíndo o recinto do Skatepark.
Suspensión das feiras ordinarias.

Ditas decisións tómanse seguindo as indicacións expostas na ORDE do 18 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas
medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no Concello de Verín.

Estas medidas serán reavaliadas nun período non superior a sete días naturais en función da evolución da situación epidemiolóxica no
municipio. Dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas.

Está nas nosas mans. Sigamos as recomendacións das autoridades sanitarias.

#FainoPorTi #fainoportodos

Lembra a norma das 3 M

Máscara
Mans limpas
Manter a distancia de seguridade

Podes ampliar información sobre o resto de medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade para o noso concello no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20200918/2430/AnuncioC3K1-180920-3_gl.html

 
ACTUALIZACIÓN: A Consellería de Sanidade dita novas restricións no Concello de Verín para reforzar o control da COVID 19. PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 19 Setembro 2020 09:45

Segundo a ORDE do 18 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Verín, as medidas que entraron en vigor dende as 00.00 horas de hoxe no noso municipio son as seguintes:

Ler máis...
 
A Consellería de Sanidade dita novas restricións no Concello de Verín para reforzar o control da COVID 19. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Setembro 2020 19:09

Tras a reunión do comité clínico autonómico, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de emitir un comunicado oficial no que se informa sobre a instauración de novas restricións relativas á xestión da crise sanitaria no Concello de Verín.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 Seguinte > Final >>

Páxina 150 de 782
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>