Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
BANDO Xuntanza veciños A Rasela PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 Xullo 2020 13:09

GERARDO SEOANE FIDALGO

alcalde do Ilustrísimo Concello de Verín (Ourense), FAGO SABER:


Que se convoca aos veciños e veciñas de A Rasela a acudir a unha reunión informativa referente á REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE, do pobo.

Ler máis...
 
A Ludoteca-Campamento Urbano 2020 conclúe a primeira semana cargada de actividades PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Xullo 2020 14:27

Inicia a Ludoteca cunha semana chea de actividades.

Os nenos e nenas da ludoteca de Verín desfrutaron xa da súa primeira semana de actividades.

Cumprindo con todas as medidas de seguridade (xeles hidroalchólicos, uso da máscara, a disposición de alfombras desinfectantes e a comprobación da temperatura tanto á entrada como á saída) comenzou a Ludoteca – Campamento Urbano 2020.

Entre as moitas e atractivas actividades que se levaron a cabo nestes primeiros días incluíronse obradoiros de reciclaxe e xogos variados como o clásico pañuelo ou a bomba. Destacan tamén as visitas ao río e unha excursión a Cabreiroá.


 
Datas de admisión e matrícula no IES García Barbón. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Xullo 2020 13:54

O prazo ordinario de matrícula nos estudos de Bacharelato é do 1 ao 10 de xullo. Na convocatoria extraordinaria dispomos do 1 ao 10 de setembro para formalizar a matrícula.


Ciclos Formativos de Formación Profesional
O prazo de admisión está aberto ata o día 8 de xullo (as 13:00 horas)


Educación Secundaria de Adultos (ESA)
A inscrición na ESA pode facerse do 1 ao 15 de xullo. A matrícula do 1 ao 10 de setembro.


Formación Profesional Básica (FBB)
A presentación de solicitudes poderá realizarse do 1 ao 10 de setembro.


Aula Mentor
A matrícula nesta ensinanzas –que se imparten a través de internet- está aberta todo o ano. Para solicitar información poden escribir un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
O Concello de Verín abre as piscinas municipais descubertas coas novas medidas de seguridade anti covid-19 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Xuño 2020 13:48

Piscinas Municipales Devanditas instalacións municipais reabrirán o próximo mércores 1 de xullo.

A concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior, Rosario Rodríguez anunciou esta mañá que as piscinas públicas descubertas do complexo deportivo da Granxa abrirán mañá mércores, 1 de xullo. Este ano cunha serie de modificacións no seu uso, destinadas a garantizar a seguridade dos seus usuarios e atendendo ás actuais indicacións sanitarias.

O aforo total permitido das instalacións será de 300 persoas, en horario de 12:00 a 20:00 horas. Haberá un corredor de entrada e saída diferenciados para a instalación, sendo obrigatorio o uso de máscara na zona de recepción e vestiarios. Nestes últimos, as duchas non estarán dispoñibles. Asi mesmo, reforzarase a limpeza e desinfección das instalacións para cumprir co esixido pola lexislación vixente en materia de Covid-19.

Ler máis...
 
Gran éxito da estrea do filme “María Solinha” de Ignacio Vilar no Autocine de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 22 Xuño 2020 17:33

 O primeiro pase do autocine de Verín celebrado este domingo no aparcamento “centro”, organizado polo Concello de Verín, pechou o pano co seu aforo completo. En total foron 120 coches, a totalidade da capacidade do recinto, os que se estacionaron na zona habilitada para ver a estrea da a última película de Ignacio Vilar, María  Solinha.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 Seguinte > Final >>

Páxina 157 de 782
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>