Presentación do libro "A árbore do pan", de Edelmiro Mateo
Venres, 03 Novembro 2023 10:07
O 7 de novembro, ás 20:00 horas, o Salón de Actos da casa da Cultura acolle a presentación do libro "A árbore do pan", obra escrita por Edelmiro Mateo e ilustrada por Olimpia Seoane.
Recoñecemento ás Persoas Maiores: Entrega de diplomas de aproveitamento dos cursos enmarcados no proxecto municipal "Doantes de Sabedoría"
Martes, 31 Outubro 2023 13:14
Esta mañá, os cincuenta alumnos e alumnas sénior que participaron nos cursos ofertados no marco do proxecto municipal "Doantes de Sabedoría" recibiron os seus diplomas acreditativos por parte da concelleira responsable da área de Servizos Sociais, Rosario Rodríguez. Esta iniciativa ten como obxectivo enriquecer a vida das persoas maiores da comunidade, dotándoas das habilidades e coñecementos necesarios para participar plenamente na era dixital e aproveitar ao máximo a tecnoloxía moderna.
Aberto o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Nadal 2023
Luns, 30 Outubro 2023 10:35
Os días 8, 9 e 10 de decembro, o Concello de Verín organiza na Praza Maior a súa Feira de Nadal. As persoas interesadas en participar na mesma deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto así como da decoración do seu stand. A temática do mesmo deberá estar sempre relacionada co Nadal.
Verín celebra o Samaín con cinema de terror e fantasía
Venres, 27 Outubro 2023 13:12
O Concello de Verín convida a cidadanía a gozar do Samaín cunha programación de cinema especialmente deseñada para a ocasión. Os amantes do terror e a fantasía poderán ver na gran pantalla dúas películas que, de seguro, lles farán pasar intres de medo e diversión.