Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
DECLARACIÓN EN APOIO DO GOBERNO MUNICIPAL DO CONCELLO DE VERÍN Á SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Novembro 2019 09:58

A sanidade pública non só é un dereito fundamental, senón que é un dos piares básicos do noso Estado de Benestar, porque sen saúde non se poden exercer todos os demais privilexios da cidadanía.

Un dos temas que máis alarma social está provocando na veciñanza de Verín e comarca é o gravísimo deteriorio da sanidade pública. Un deterioro que é resultado dos severos recortes e privatizacións. Durante os últimos anos, no noso Hospital Público de Verín fóronse aplicando paulatinamente recortes que levaron a unhas consecuencias tremendas: masificación de consultas, cupos desbordados, redución de profesionais, non substitucións dos mesmos, lista de espera amplísimas, peche de axendas, saturacións, etc.

Finalmente, para máis afondamento o anuncio por parte da Xerencia do EOXI do peche do paritorio do Hospital de Verín e das urxencias pediatrícas a partir do 1 de decembro do presente que supón privar ao noso Concello e comarca dun servizo fundamental.

Por todo isto, o Goberno Municipal do Concello de Verín MANIFESTA:

1.- A condena á política de recortes nesta materia. Nomeadamente, o peche do paritorio, decisión política que condena ás mulleres do noso Concello a non ter unha calidade asistencial de proximidade.

2.- Esixir á Xunta de Galicia unha mellora nos servizos sanitarios do noso Concello, pedindo a supresión dos recortes efectuados e defendendo novas melloras na nosa área sanitaria.

3.- O apoio á Manifestación en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei convocada para o sábado 30 de novembro ás 17:00h en Verín.


Descarga aquí o documento asinado por todos os membros do Goberno Municipal en Verín, a 27 de novembro de 2019.


 
O Grupo de Teatro Sénior de Afundación versiona a Castelao con Os vellos namorados en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 27 Novembro 2019 13:30

ABANCA, Afundación e o Concello de Verín asinaron esta mañá un convenio de colaboración cultural mediante o cal o Grupo de Teatro Sénior de Afundación representará Os vellos namorados, unha versión de Os vellos non deben de namorarse de Castelao, na localidade. Asistiron á sinatura o alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane; o coordinador de Negocio Institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román; e a coordinadora Institucional de Afundación para Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.

Ler máis...
 
A V edición da Feira de Nadal contará con máis de trinta postos PDF Imprimir Correo-e
Martes, 26 Novembro 2019 14:25

Os próximos sábado e domingo, 7 e 8 de decembro, a Praza Maior de Verín acolle a V edición da Feira de Nadal, organizada polo Concello de Verín. Na mesma, participarán máis de 30 postos de artesanía, alimentación, decoración, regalos doces. Así o confirmou esta maña Manuel Lorenzo, concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería.

Ler máis...
 
Cinema marabillas para cativos e cativas no FIC Vía XIV de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 26 Novembro 2019 14:23

“Ver para ler” é o eslogan co que se presenta a actividade Cinema Marabillas, que o FIC Vía XIV desenvolve para achegar a maxia do cinema aos cativos e cativas de Verín e comarca. Como cada ano, escolares de diversos centros educativos da zona achegaranse ata o recinto do auditorio da vila para desfrutar dunha axenda de actividades deseñada especificamente para eles “con agarimo e co obxecto de que poidan gozar dela todos xuntos”, sinala o director do certame, Carlos Montero.

Ler máis...
 
Máis de 75 especies de setas na exposición micolóxica do Museo Claustro Mercedario de Verín. PDF Imprimir Correo-e
Luns, 25 Novembro 2019 11:21

Máis de 75 especies micolóxicas, un 50%  máis que na primeira edición, estuveron expostas ao longo deste domingo, 24 de novembro, no Museo do Claustro Mercedario de Verín. Eran o resultado da recollida no traballo de campo das II Xornadas Micolóxicas “Rocos, turtullos e cacabinas”. Este ano, un apartado especial fixo pedagoxía das posibles confusións entre especies, algunhas delas consideradas tradicionalmente seguras, como o cogordo ou Macrolepiota procera ou o champiñón, tidas por seguras en moitas comarcas e que presentan algúns posibles erros fatais.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 Seguinte > Final >>

Páxina 183 de 782
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>