Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Apertura do prazo de inscrición para os Programas de Conciliación: Ludoteca de verán “Convive en Igualdade”, Campamento Urbano “Támega” e Escola Deportiva “Escola de Verán 2024” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Xuño 2024 22:28

5 de xuño de 2024. A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, dependente da área de Benestar Social, anuncia a apertura do prazo de inscrición para a Ludoteca de verán e o Campamento Urbano "Támega" 2024. Estas actividades están dirixidas a menores de 3 a 15 anos e teñen como obxectivo cubrir o tempo vacacional dos nenos e nenas, ofrecendo un amplo abanico de actividades lúdicas e educativas.

Ler máis...
 
Entroideiros Futsal gaña a liga caja rural de fútbol-sala PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Xuño 2024 12:24

A Liga comarcal de fútbol-sala, promovida pola área de Deportes do Concello de Verín e patrocinada pola entidade Caja Rural, xa ten gañador. O equipo Entroideiros Futsal proclamouse campión tras unha excelente tempada, acumulando 51 puntos grazas a 16 partidos gañados, 3 empatados e só 2 perdidos. Esta sólida actuación permitiulles obter unha vantaxe final de trece puntos sobre o subcampión, A Barbería-Euroveiga FS.

Ler máis...
 
O FIC VÍA XIV explorará nesta edición os límites das fronteiras mentais e contará por primeira vez cun xurado novo PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 01 Xuño 2024 09:17

O FIC Vía XIV de Verín acaba de anunciar a súa temática para este 2024. As curtametraxes que se proxectarán entre o 28 de agosto e o 7 de setembro explorarán os límites das nosas fronteiras mentais que, dende a organización, vinculan a “un territorio cuxa idiosincrasia está claramente marcada polos lindes, por ser unha vila fronteiriza”. Ademais, coa intención de involucrar no festival a mocidade da vila, o FIC Vía XIV contará nesta novena edición cun xurado novo do que pode formar parte calquera persoa menor de 30 anos con interese no audiovisual, mais que non se adique ao sector de forma profesional, e que teña vinculación coa comarca. O prazo para as inscricións remata o 21 de xuño e pode realizarse a través da web ficviaxiv.com.

Ler máis...
 
"Vibra Verín” volve coa súa terceira edición: 2 días de música e percusión na vila do Támega PDF Imprimir Correo-e
Venres, 31 Maio 2024 13:11

Esta mañá tivo lugar a presentación oficial da terceira edición do Festival de Percusión Vibra Verín, no Auditorio Municipal de Verín. Serán dous días (7 e 8 de xuño) nos que, ademais de actuacións abertas ao público, o alumnado dos CMUS participantes reunirase para actuar, asistir a obradoiros e concertos, e coñecer a outros percusionistas de renome. Devandito evento está organizado polo Conservatorio Profesional de  Música do Concello de Verín e a Anpa deste centro formativo.

Ler máis...
 
Presentación “La loba y el podenco”, obra de Concha López Llamas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 28 Maio 2024 11:08

O vindeiro xoves 30 de maio, o Salón de actos da Casa da Cultura acolle a presentación de “La loba y el podenco”, nova obra da bióloga, catedrática de ciencias naturais, activista e escritora, Concha López Llamas.

Ler máis...
 
A Eurocidade Chaves-Verín reabre o Local de Ensaio con Music Sessions e Masterclass do 07 de xuño ao 14 de xullo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Maio 2024 10:43

O Local de Ensaio da Eurocidade é o lugar escollido para acoller un ciclo de eventos musicais organizado polo IPDJ - Instituto Portugués do Deporte e Xuventude no ámbito do proxecto Eurocidade 2030 e coordinado pola Eurocidade Chaves-Verín, coa colaboración dos restantes socios: FNAJ - Federación Nacional das Asociacións Xuvenís, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia e Fundación Galicia Europa.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 812

?>