Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Verín celebra o Día da Xuventude en Galicia cunha xornada de actividades educativas e de ocio PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 Maio 2023 10:58

O vindeiro sábado 13 de maio, Verín celebrará e porá en valor o Día da Xuventude cun evento que terá lugar na Praza García Barbón (no caso de inclemencias meteorolóxicas será no Pavillón Municipal de Deportes), de 16 a 21 horas, e contará coa actuación musical da verinesa Victoria Pérez Gascón, ás 20:30 horas. Trátase dunha iniciativa que incluirá unha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade como ás súas familias, dado que tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral.

Ler máis...
 
56 finalistas nos certames literarios das letras galegas PDF Imprimir Correo-e
Luns, 08 Maio 2023 11:06

Trinta narracións presentáronse á fase final do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e vinte e seis poemas á do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, organizados polo Concello de Verín e Supermercados GADIS con motivo do Día das Letras Galegas.

Ler máis...
 
Verín converteuse en epicentro da arte teatral co taller gratuíto de adestramento de clown de Marcelo Katz PDF Imprimir Correo-e
Venres, 05 Maio 2023 13:06

Verín converteuse a semana pasada no epicentro da arte teatral coa realización dun taller de adestramento de clown, liderado polo recoñecido mestre arxentino de máscaras e clown Marcelo Katz e realizado en colaboración con Santiago Cañaveral, director do teatro local Kotodama, e o Concello de Verín.

Ler máis...
 
A Eurocidade Chaves-Verín convida os xóvenes do territorio a participar nun diálogo xuvenil europeo en Santiago de Compostela PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Maio 2023 13:39

A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, no marco do proxecto Juventude Rural de Europa - RUYOU, convida aos xóvenes de entre 18 e 30 anos do territorio a participar nunha actividade deste proxecto europeo, en Santiago de Compostela, o vindeiro 25 e 26 de maio.

Ler máis...
 
O Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións da película "The Super Mario Bros Movie" e “Los tres mosqueteros: D’Artagnan” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 03 Maio 2023 13:44

Os días 5, 6 e 7 de maio, o Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "The Super Mario Bros Movie" e “Los tres mosqueteros: D’Artagnan” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
O Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións da película "The Super Mario Bros Movie" PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Abril 2023 13:09

Os días 28, 29 e 30 de abril, o Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións da película "The Super Mario Bros Movie" no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 28 de 812

?>