Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
O Concello de Verín súmase a celebración da Primavera de Portas abertas do Viño Monterrei con dous obradoiros temáticos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Maio 2024 10:41

Un ano máis, Verín súmase á celebración da Primavera de Portas Abertas do Viño Monterrei, que terá lugar durante a fin de semana do 1 e 2 de xuño. As actividades enoturísticas, no entanto, comezarán xa o venres 31 de maio, prolongándose ata o domingo 2 de xuño, brindando aos visitantes unha ampla oferta de experiencias vinculadas ao mundo do viño.

Ler máis...
 
Concello e Club BTT Verín organiza a XIV edición da Marcha Val de Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Maio 2024 10:56

O Club BTT Verín organiza, en colaboración co Concello, a XIV Marcha Val de Monterrei, que terá lugar o domingo día 26 de maio do 2024. Este evento non competitivo, de velocidade libre, conta con dous percorridos de 40 Km. (dificultade media) e 60 Km. (dificultade alta), percorrendo os montes de Verín e comarca.

Ler máis...
 
O Concello de Verín e a AECC de Ourense asinan o convenio de cesión da nova sede local da asociación en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Maio 2024 17:38

O Concello de Verín e a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense realizaron a firma do convenio de cesión dunha nova sede local da asociación en Verín, cuxo espazo está situado na rúa Rosalía de Castro, 4 (edificio antigo lavadoiro).

Ler máis...
 
O verinés Óscar Conde emprende unha aventura en moto de 17.000 km: de Santiago a Katmandú PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Maio 2024 12:47

O vindeiro sábado 25 de maio, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acollerá a presentación da viaxe en moto que realizará o verinés Oscar Conde dende Santiago de Compostela (pasando por Verín) a Katmandú. Esta emocionante aventura comezará o próximo mes de setembro e prolongarase ata novembro de 2024, percorrendo máis de 17.000 km.

Ler máis...
 
Conferencia sobre Mindfulness con el Dr. Giuseppe Altamore Caruso PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Maio 2024 10:05

O próximo xoves 23 de maio, ás 19:30 horas, terá lugar unha conferencia sobre Mindfulness no Salón de Actos, impartida polo Dr. Giuseppe Altamore Caruso, licenciado en Medicina e Cirurxía, con numerosos cursos sobre Mindfulness e redución do estrés pola Universidade Autónoma de Madrid. A mesma está organizada pola Biblioteca Municipal de Verín

Ler máis...
 
IES Castro de Baronceli, Colexio María Inmaculada, Colexio Apostólico Mércedario e CEIP Amaro Refojo, primeiros premios dos certames literarios PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Maio 2024 13:30

Os primeiros premios do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, organizados polo Concello de Verín con motivo do Día das Letras Galegas, coa colaboración de Supermercados GADIS e do Concello de Vilardevós, foron este ano para alumnado do IES Castro de Baronceli, do Colexio Plurilingüe María Inmaculada, do Colexio Apostólico Mercedarios e do CEIP Plurilingüe Amaro Refojo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 812

?>