Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
O Concello de Verín presenta máis dunha vintena de propostas variadas para o Lázaro 2023 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 17 Marzo 2023 12:21

Cartel lázaro 2023 O Concello de Verín presentou esta mañá o programa oficial de actividades para o Lázaro 2023, que terá lugar os días 25 e 26 de marzo. Este ano, o ente municipal celebra a súa tradicional festa patronal ofrecendo un amplo abano de propostas enfocadas a todos os públicos.

A programación oficial foi presentada esta mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura por Manuel Lorenzo, concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería e Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín.

Como en anteriores edicións presentamos este ano un concepto de “Lázaro Multicartel” no que a veciños e visitantes poderán desfrutar dunha completa fin de semana con máis dunha vintena de actividades,  distribuídas por toda a vila, para todos os segmentos de público e todas as idades», salientou Manuel Lorenzo.


Ler máis...
 
Un total de once persoas participaron no taller intensivo de cabaret impartido na escola de teatro Kotodama PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 Marzo 2023 11:54

A Escola de Teatro Kotodama vén de rematar un taller intensivo de cabaret, no que participaron un total de once persoas de todas as idades. O mesmo tivo lugar no Pavillón Municipal de Concello de Verín. Laura, unha bailarina de Adra (Almería), foi a profesora convidada por Santi Cañaveral (actor e director da escola) para impartir esta interesante formación de quince horas de duración.

Ler máis...
 
Constituído o comité de seguimento para a xestión e ordenación común da Cunca Hidrográfica do Támega PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Marzo 2023 17:00

Onte, 13 de marzo, tivo lugar unha reunión na sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT, na que representantes do  municipio de Chaves, do Concello de Verín, da Axencia Portuguesa de Ambiente e da Confederación Hidrográfica do Douro constituíron o Comité de Seguimento para a xestión e ordenación común da cunca hidrográfica do Támega.

Ler máis...
 
O Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a charla coloquio “Muller emigrante: dobre vida cara ao esquecemento” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Marzo 2023 12:50

O vindeiro xoves 16 de marzo, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acolle a charla coloquio “Muller emigrante: dobre vida cara ao esquecemento”, con Sonia Torre, xornalista e investigadora como relatora convidada.

Ler máis...
 
Verín inaugura o seu monumento ao moteiro PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 12 Marzo 2023 17:17

Desde esta mañá, Verín conta cun monumento ao moteiro, inaugurado na avenida de Castela (á altura do nº87).  O acto inaugural contou coa asistencia do tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo Moura, e do presidente do “Vespas Clup Verín”, Miguel Ángel Domínguez Rosas; entre outros representantes da asociación así como de numerosos amantes destes vehículos de dúas rodas.

Ler máis...
 
O Concello de Verín presenta ante alcaldes de Vilas Termais de toda España o potencial das súas augas mineiro medicinais PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 11 Marzo 2023 11:43

A Sección de Entidades Locais con Augas Mineiro-Medicinais e Termais, constituída no seo da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), reúnese os días 9, 10 e 11 de marzo de 2023 no Balneario de Arnoia Caldaria para debater os temas de interese das Vilas Termais de España. No marco do devandito simposio nacional, o alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane, deu a coñecer o patrimonio da vila do Támega e as súas augas mineiro medicinais a alcaldes de Vilas Termais de toda España. O encontro tivo lugar hoxe venres 10 de marzo nos balnearios de Cabreiroá e Caldeliñas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

Páxina 33 de 812

?>