Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
COMUNICADO OFICIAL | Suspéndese o desfile do martes de entroido por inclemencias meteorolóxicas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Febreiro 2023 15:49

Desde a concellería de Cultura e Festexos do Concello de Verín infórmase que debido ás inclemencias meteorolóxicas e ás precipitacións que afectan neste momento á nosa localidade queda suspendido o desfile do martes de  Entroido.

Ler máis...
 
O Concello de Verín abre a inscrición para os expositores da Feira do Lázaro PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Febreiro 2023 10:52

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os expositores das feiras de alimentación e artesanía do Lázaro, que terán lugar os días 25 e 26 de marzo na Praza da Mercé. Todas as candidaturas deberán ser formalizadas antes do 6 de marzo de 2023.


Ler máis...
 
Verín homenaxea a Banksy e invita ao artista a que execute unha das súas obras sobre o Entroido na vila PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Febreiro 2023 12:25

Verín quere ingresar na lista das cidades que, coma Londres, Nova Orleans ou Venecia, contan cunha obra orixinal de Banksy. O concello homenaxea o artista e activista social cunha exposición ao aire libre de 24 das súas obras, que conforman un percorrido dunha hora pola vila, e agora cursáronlle unha invitación para que acuda a pintar á vila do Támega.

Ler máis...
 
O Concello de Verín abre a tenda oficial do Entroido 2023 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Febreiro 2023 14:54

Mañá xoves 9 de febreiro, o Concello de Verín abre o público a súa tenda oficial do Entroido situada na Praza García Barbón. Esta iniciativa ten como obxectivo recadar fondos para financiar devanditos festexos.

Ler máis...
 
O CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira deseña o Cartel Oficial “Desfile Infantil” do Entroido 2023 de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Febreiro 2023 14:46

O CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira deseña o cartel oficial que representará o vindeiro 'Desfile Infantil' do Entroido 2023, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín.

Ler máis...
 
O Pleno de Verín ratifica a adhesión ao convenio que regula a Agrupación de Concellos para desenvolver actuacións de mellora do saneamento no curso alto do Río Támega PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Febreiro 2023 13:35

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria urxente na que se aprobou por unanimidade a adhesión ao convenio que regula a Agrupación de Concellos para desenvolver actuacións de mellora do saneamento no curso alto do río Támega. O obxectivo deste acordo é mellorar os servizos de abastecemento e tratamento das augas residuais.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

Páxina 35 de 812

?>