Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
O cartel oficial do Entroido 2023 de Verín homenaxea as “mulleres entroideiras” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 20 Xaneiro 2023 13:48

 O Entroido 2023 de Verín xa ten imaxe oficial.  O cartel ilustrador de esta edición foi presentado esta mañá na vila do Támega pola concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo, e por Iago Blanco de la Parra, deseñador e arquitecto de interiores verinés, autor do mesmo.

Ler máis...
 
O Pleno Infantil de Verín pon o foco na igualdade de xénero PDF Imprimir Correo-e
Venres, 20 Xaneiro 2023 13:00

Máis de 120 alumnos e alumnas de sexto de primaria e de primeiro de ESO pertencentes aos centros educativos de Verín, Amaro Refojo, María Inmaculada, Mercedarios e Princesa de España, participaron esta mañá no Pleno Infantil, convocado polo Concello para coñecer as inquedanzas e os desexos de implicación na vida pública dos veciños máis novos da vila.

Ler máis...
 
Ábrese o prazo de inscrición de carrozas e comparsas para o Entroido 2023 de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Xaneiro 2023 13:32

O Concello de Verín abre hoxe, día 19 de xaneiro, o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar no desfile do Entroido deste ano. A data límite para formalizar a participación será o venres 10 febreiro, ás as 19:00 horas.

Ler máis...
 
O Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Lilo, mi amigo el cocodrilo” e "El peor vecino del Mundo” no Salón de Actos da Casa da Cultura PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 18 Xaneiro 2023 13:58

Durante os días 20, 21 e 22 de xaneiro o  Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Lilo, mi amigo el cocodrilo” e "El peor vecino del Mundo” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
Arrinca a primeira actividade do novo proxecto da Eurocidade: Mocidade Rural de Europa PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 12 Xaneiro 2023 17:44

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín, no marco do proxecto Rural Youth of Europe (Mocidade Rural de Europa) – RUYOU, informa que a primeira actividade realizarase os días 30 e 31 do presente mes.

Ler máis...
 
O Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Avatar: El sentido del agua” e "El gato con botas, el último deseo” PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 12 Xaneiro 2023 13:26

Durante os días 13, 14 e 15 de xaneiro o  Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Avatar: El sentido del agua” e "El gato con botas, el último deseo” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

Páxina 37 de 812

?>