Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Cabalgata de Reis PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Xaneiro 2023 15:32

Cabalgata Reis 2022 Mañá, a partir das 18:00 horas, as súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, percorrerán as rúas de Verín nunha espectacular cabalgata. A ruta finalizará na Praza do Concello, onde terá lugar unha recepción na que as súas maxestades entregarán un presente e onde os menores poderán depositar as súas cartas no buzón real.

Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as rúas do centro de Verín, partindo do barrio de San Lázaro e pasando pola avenida Luís Espada, rúa Deputación, rúa dos Remedios, Avenida de Cabreiroá, Rúa Constitución e avenida de Portugal; para chegar a praza do Concello, onde terá lugar a recepción oficial.

Xa na praza do Concello, os nenos e nenas que así o desexen poderán saudar as súas maxestades de oriente e deixar as súas cartas. A seguridade estará garantida en todo momento grazas ao traballo da Protección Civil e Policía Local.

 
O Museo de Verín chega aos 33.000 visitantes preparando a renovación das súas coleccións PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Decembro 2022 18:09

 Logo de cinco anos de funcionamento, o Museo do Claustro Mercedario ven de acadar a cifra de 33.000 visitantes. Nado coa función de servir de atractor turístico e divulgador da comarca de Verín, durante este periodo  as súas instalacións levan desenvolto máis de 250 actividades, entre exposicións, mostras, cursos de divulgación ambiental e actividades relacionadas coa cultura do viño na DO Monterrei.

Ler máis...
 
Pleno Ordinario: 30 de decembro de 2022 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 Decembro 2022 12:40

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:


1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA URXENTE DE DATA 19/12/2022

2. Expediente 4854/2022. Aprobación inicial das tarifas municipais do servizo de taxi

3. Expediente 4125/2022. SUBVENCIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE

VERÍN TEMPADA 2021-2022

4. Expediente 6130/2022. Convenios (Aprobación, Modificación ou Extinción) - FIC 2023

5. Expediente 6263/2022. INICIO EXPEDIENTE REMUNICIPALIZACIÓN SERVIZO DE

AUGA

6. Expediente 6285/2022. ADHESIÓN AO CONVENIO AGRUPACIÓN CONCELLOS

MELLORAS SANEAMENTO NO RÍO TÁMEGA

7. Expediente 6211/2022. MODIFICACIÓN ORDENANZA REGULADORA DO CENTRO

DE DÍA MUNICIPAL

8. Expediente 3248/2017. Aprobación definitiva PEID Fontenova

9. Expediente 4103/2019. Aprobación definitiva PERI APR-45, zona de "Os Coutos"

10.Expediente 4649/2021. CESIÓN DUN BEN Á FUNDACIÓN SAN ROSENDO 11.Expediente 5499/2022. DAR CONTA DO DECRETO NÚMERO 2022-1973 DO

CONCELLEIRO DE FACENDA DE APROBACIÓN DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO XERAL DO EXERCICIO DE 2021

12.INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA

13.DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS

CONCELLARÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 26/10/2022 ATÉ O 26/12/2022, AMBAS AS DÚAS DATAS INCLUÍDAS

14.ROGOS E PREGUNTAS

Ler máis...
 
O Auditorio de Verín acolle a representación da obra de teatro familiar “O secuestro da bibliotecaria” de Sarabela Teatro PDF Imprimir Correo-e
Martes, 27 Decembro 2022 11:22

O vindeiro xoves 29 de decembro, ás 18.00 horas, Sarabela Teatro chega ao Auditorio Municipal coa súa obra de teatro familiar ‘O secuestro da bibliotecaria’, unha peza dirixida e adaptada por Fina Calleja a partir da obra orixinal da escritora neozelandesa Margaret Mahy e que contará cun elenco conformado por Fernando Dacosta, Sabela Gago, Nate Borrajo, Josito Porto e Alfonso Míguez.

Ler máis...
 
O Cinema Municipal de Verín acolle a proxección da película "El gato con botas, el último deseo” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 26 Decembro 2022 10:59

 Durante os días 30, 31 de decembro e 1 de xaneiro o Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "El gato con botas, el último deseo” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases.

Ler máis...
 
A Eurocidade Chaves-Verín obtén financiamento europeo para frear o despoboamento no rural PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Decembro 2022 14:28

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín, recibiu a aprobación do proxecto Rural Youth of Europe (Mocidade Rural de Europa) – RUYOU.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

Páxina 38 de 812

?>