Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Verín presenta a súa programación de nadal con dezaseis propostas de lecer, cultura e dinamización do comercio local PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 Decembro 2022 13:39

 Esta mañá, a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza; xunto co xerente e o presidente da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), Xosé Ángel Rodicio e Santos Álvarez, presentaron o programa de actividades para este Nadal. Serán un total de dezaseis ofertas de lecer, cultura e dinamización do comercio local  deseñadas para o goce de todos os públicos, que se estenderan desde o venres 9 de decembro ata o martes 7 de xaneiro do 2023.

Ler máis...
 
Abre o prazo de inscrición para a Ludoteca de Nadal do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 05 Decembro 2022 12:20

 O luns 12 de decembro ábrese o prazo de inscrición do servizo de ludoteca “Ludonadal”, iniciativa organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín e destinada e dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. O obxectivo desta iniciativa e facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.

Ler máis...
 
O Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Hopper, el polloliebre” e "Historias para no dormir" PDF Imprimir Correo-e
Martes, 06 Decembro 2022 15:01

Durante os días 09, 10 e 11 de decembro o Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Hopper, el polloliebre” e "Historias para no contar" no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases.

Ler máis...
 
A Feira de Nadal de Verín contará con vinte e catro postos temáticos, animación musical, actividades infantís e unha marcha solidaria PDF Imprimir Correo-e
Venres, 02 Decembro 2022 13:01

 Un total de vinte e catro postos temáticos de artesanía e alimentación, animación musical, unha marcha solidaria e actividades para os máis pequenos da casa. Así será a programación da próxima feira de Nadal organizada polo Concello de Verín os días 9, 10, 11 e 12 de decembro na Praza García Barbón.

Ler máis...
 
O cinema Municipal de Verín acolle a proxección da película "A todo tren 2" PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 01 Decembro 2022 10:53

Durante os días 2, 3 e 4 de decembro o Cinema Municipal de Verín acolle a proxección da película "A todo tren 2" no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases.

Ler máis...
 
Máis de 600 nenos e nenas recibiron ao Ratiño Pérez no Auditorio de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 Novembro 2022 18:56

 Esta mañá, máis de 600 nenos e nenas procedentes dos centros educativos da comarca recibiron no Auditorio Municipal de Verín ao Ratiño Pérez. Os seus anfitrións foron o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, o concelleiro de Feiras, Manuel Lorenzo e polo xerente da Fundación Dentalnova, Antonio Xusto quen lle deu unha calorosa benvida e entregáronlle unha medalla de honra en agradecemento ao seu «encomiable labor ilusionando, ano tras ano, aos máis pequenos da casa».

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

Páxina 40 de 812

?>