Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Obradoiro de maquillaxe para nenos/as PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 Febreiro 2009 12:02
A Biblioteca Municipal de Verín acolle os días 19 e 20 de febreiro, desde as 18 ás 20 horas, un obradoiro de maquillaxe para nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. A actividade, impartida por videoconferencia desde Ferrol, está organizada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual-Cidades Dixitais e o Concello de Verín. Para participar nela é necesario inscribirse na propia Biblioteca Municipal.
 
Concerto de María do Ceo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 13 Febreiro 2009 17:59
A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 14 de febreiro, a partir das 23 horas, o acto de presentación do disco ‘No bico un cantar’, da fadista lusa María do Ceo. Este concerto está organizado polo Concello de Verín en colaboración coa Deputación de Ourense.
 
Experiencia piloto para a recollida selectiva de envases de vidrio nos establecementos hostaleiros PDF Imprimir Correo-e
Venres, 13 Febreiro 2009 17:39

Nos próximos días, o Concello de Verín porá en marcha unha experiencia piloto para a recollida selectiva de envases de vidro nos establecementos hostaleiros da localidade, en colaboración con Ecovidrio, entidade encargada da xestión da reciclaxe dos residuos deste material en toda España.

Ler máis...
 
O cigarrón protagoniza Entroidarte 2009 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 Febreiro 2009 11:36
A Casa do Escudo de Verín acolle, até o día 28 de febreiro, Entroidarte, unha mostra de artes plásticas sobre o tema Entroido organizada polo Concello de Verín e na que participan os seguintes pintores, escultores e fotógrafos vinculados á Eurocidade Chaves-Verín: Alvárias, Anxos Borjas, Aurora López, Beny, Fernando Barreira, Flor Fernández, Gipso, Leonardo, Luis Somoza, Manuela Sánchez, Marilar Salgado, Luís Pachón, Paco, Plácido L. Rodríguez, Rivada, Rojas, Toño Santamarina,Víctor Rodríguez e Xosé Lois Carreira (artistas da comarca de Verín) e Carneiro Rodrigues, Eurico Borges, María Priscila,  Mario Lino e Nuno Duque (todos de Chaves –Portugal-).
Ler máis...
 
Subvencións para o programa de promoción de emprego autónomo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Febreiro 2009 12:16

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda: Programa para a promoción do emprego autónomo.

Ler máis...
 
Realización de obradoiros na Biblioteca Municipal e no Aula Multimedia de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 02 Febreiro 2009 11:33
Durante os días 4, 5 e 6 de febreiro, entre as 18,20 e 19,40 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza un ciclo de lectura do Quixote para nenos/as de 3 a 8 anos.

Por outra banda, o 9 e 16 de febreiro, ás 18.30 horas, o Aula Multimedia do Concello de Verín acolle o obradoiro “Aprende a Maquillarte”, impartido por videoconferencia, para un máximo de 15 persoas.
 
<< Inicio < Anterior 791 792 793 794 795 796 797 798 799 800 Seguinte > Final >>

Páxina 792 de 812

?>