A Deputación de Ourense e a Eurocidade Chaves-Verín poñen en marcha un programa de emprego transfronterizo para universitarios |
![]() |
![]() |
![]() |
Luns, 17 Novembro 2008 12:16 |
![]()
A Deputación de Ourense, como entidade local de carácter supramunicipal, e sendo que, entre os seus fins atópase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación do territorio provincial segundo as súas propias competencias, entende que o proxecto Eurocidade Chaves-Verín é un referente pioneiro sobre as posibilidades e oportunidades que representa ser unha provincia transfronteiriza no marco da Unión Europea . Neste senso, sensibilízase e reponsabilízase no avance e posta en práctica das fortalezas que a convivencia e cooperación destes dous espazos territoriais poden supoñer, en mellores oportunidades, para os cidadáns de ambos lados . Un Programa de Emprego Transfronterizo que potencie a Eurocidade. A Deputación de Ourense apoiará a Eurocidade a través dun programa, aprobado polo Parlamento Europeo para contribuir á da Europa do coñecemento mediante a consolidación dun espazo europeo de cooperación en materia de educación e formación profesional e no que se busca a inserción laboral en varios países da U.E. A entidade provincial movida polo interese de incorporar actuacións e métodos que contribúan a desenvolver a calidade, a innovación e a dimensión europea dos programas de políticas activas de emprego,acorda, xunto coas autoridades responsables do proxecto Eurocidade Chaves-Verín o desenvolvemento dun proxecto específico que se identificará co nome de PROGRAMA DE EMPREGO TRANSFRONTEIRIZO EUROCIDADE CHAVES-VERÍN. A conexión da Eurocidade ca inserción laboral dos titulados universitarios. A través do PROGRAMA DE EMPREGO TRANSFRONTEIRIZO EUROCIDADE CHAVES-VERÍN porase a disposición dos titulados universitarios un proxecto para insertarse laboralmente en empresas portuguesas, as cales lles permitan adquirir capacitacións profesionais en diferentes sectores. Con elo, estarase potenciando accións que favorezan a mobilidade e a cohesión social. A Deputación Provincial de Ourense facilitará a todas as persoas que sexan seleccionadas para participar neste programa unha contía económica mensual equivalente o Salario Mínimo Interprofesional durante o trimestre de duración do Programa. De igual xeito, as persoas seleccionadas terán a oportunidade de recibir un curso de lingua portuguesa, que facilite a súa inserción laboral , con unha duración de 3 semanas, que lles será impartido nas cidade de Verín e Chaves. A creación de profesionais transfronterizos. Este convenio estará respaldado por empresa portuguesas líderes nos seus respectivos sectores. O proxecto aproveitará o potencial da Eurocidade para formar a futuros profesionais que respondan ás necesidades das empresas que teñen o seu mercado natural en España e Portugal, creando profesionais transfronterizos. Tódolos titulados universitarios interesados neste Programa terán ata o próximo 5 de decembro para presentala solicitude de participar no mesmo, para calquiera información poderán dirixirse á Deputación de Ourense a través do 988385191.
|